Preguntas frecuentes

As equipaxes que non foron reclamadas atópanse desde o día 14 de outubro custodiadas nos xulgados de Santiago de Compostela. Para poder recuperar estas maletas é necesario identificalas persoalmente tras pedir cita no xulgado a través do teléfono 981 540 432.

  • Como parte do procedemento, os médicos forenses encargaranse de peritar o dano corporal sufrido polos feridos e as súas repercusións.
  • A tal fin, en próximas datas, serán citados para o recoñecemento médico nas respectivas clínicas médico-forenses ou xulgados correspondentes ao domicilio da súa residencia.
  • A esta cita, deberán acudir con canta documentación médica posúan en relación coas lesións sufridas no accidente, o seu tratamento e evolución.

Realízase mediante poder, ben ante notario, ben comparecendo ante o/a secretario/a xudicial de calquera xulgado (esta segunda opción é gratuíta para o/a cidadán).

Non, pois o exercicio da acción civil, en caso de que o/a prexudicado/a non renuncie, realízase polo Ministerio Fiscal.

É un trámite procesual no que se informa aos prexudicados do seu dereito a exercitar a acción penal e a civil, así como do seu dereito a mostrarse parte no procedemento mediante avogado/a e procurador/a.

No caso de que decida non mostrarse parte, é dicir, non desexe nomear avogado/a e procurador/a, non renuncia por iso ao exercicio de accións, ás que ten igualmente dereito.

Estas accións serán exercitas polo Ministerio Fiscal, ao que corresponde, conforme ao artigo 124 da Constitución e conforme ao Estatuto Orgánico do Ministerio Fiscal, o exercicio de accións civís e penais, así como velar pola protección procesual das vítimas promovendo os mecanismos previstos para que reciban as axudas e asistencias efectivas.

En definitiva, a Fiscalía poderá facer todas as reclamacións por vostede sen necesidade de que acuda persoalmente ou reclame directamente, sen custo algún.

A Fiscalía de Área de Santiago de Compostela, coa que poderá contactar nos teléfonos indicados en Contactos. Se o desexa, poderá solicitar unha una entrevista co fiscal.

  • No ordenamento procesual penal español, a diferenza do que sucede noutros países (Francia, Italia e Alemaña) a acción penal non está monopolizada polo Ministerio Fiscal. En España a acción penal é pública e o seu exercicio está legalmente configurado como un deber para o Ministerio Fiscal e como un dereito para todos os cidadáns.
  • No proceso penal español poden exercer a acción penal, adquirindo a condición de parte acusador: o Ministerio Fiscal, a acusación popular, a acusación particular e o acusador privado.
    • O Ministerio Fiscal é o órgano público ao que a lei encomenda o exercicio da acción penal con carácter xeral e en nome do Estado.
    • A acusación particular ou acusador particular é o ofendido ou prexudicado polo delito (sexa persoa física ou xurídica), que igualmente pode constituírse en parte acusador.
    • Ademais calquera cidadán español (incluídas as persoas xurídicas, de acordo coa doutrina do Tribunal Constitucional), a pesar de non ser ofendido ou prexudicado polo delito, pode exercitar a acción penal, constituíndose en acusación popular previo cumprimento duns requisitos legais.
    • O acusador privado é tamén prexudicado polo delito, pero neste caso é o único lexitimado para exercer a acción penal, porque o delito polo que se viu ofendido non afecta o interese común.
    • O actor civil é aquel que no procedemento penal só exercita a acción civil, é dicir, só reclama os danos e prexuízos que se lle ocasionaron.
  • Sobre a acusación popular:
    • A lexitimación da acusación popular deriva do art. 125 da Constitución Española, como dereito de participación dos cidadáns na administración da Xustiza e, por iso, non se precisa ser prexudicado ou ofendido polo delito para exercela nos delitos públicos. Tal recoñecemento constitucional ten reflexo no art. 19.1 da Lei Orgánica do Poder Xudicial e nos artigos 101 e 270 da Lei de Axuizamento Criminal.
    • Para o exercicio da acción popular é necesario formular querela, prestar a fianza para responder das resultas do xuízo (fixada polo/a xuíz ou tribunal) e a intervención de avogado/a e procurador/a.
  • Sobre a acusación particular:
    • Polo que se refire á acusación particular, segundo o Tribunal Constitucional español, o exercicio do dereito do prexudicado a acusar ampárase no artigo 24.1 da Constitución Española, que consagra como dereito fundamental de toda persoa o obter a tutela efectiva dos xuíces e tribunais no exercicio dos seus dereitos e intereses lexítimos.
    • O ofendido ou prexudicado polo delito está lexitimado para o exercicio da acción penal con independencia da actuación do  Ministerio Fiscal.
    • A condición de parte acusador particular no proceso penal pódese adquirir inicialmente, mediante a presentación dunha querela ou, posteriormente, durante a tramitación do procedemento, coa personación neste. Nun e outro caso é necesaria a  intervención de avogado e procurador dos tribunais.
  • No ordenamento xurídico español a maior parte dos delitos son públicos, hai algúns semipúblicos (por exemplo, os  delitos societarios, con excepcións, o descubrimento e revelación de segredos, a falta de pagamento de pensión alimenticia, etc.), e só os delitos de inxuria e calumnia contra particulares son privados.