O xuíz do caso Alvia acorda que non procede o sobreseimento da causa solicitado por ADIF

O Xulgado de Instrución nº3 de Santiago notificou hoxe un auto no marco da investigación polo accidente do tren Alvia no que se acorda "que non procede o sobresemento da causa" interesado pola representación procesual de ADIF e o director de Seguridade na Circulación da entidade na data de posta en funcionamento da liña, investigado na causa.

O maxistrado decidiu tamén que se proceda á ratificación dos informes periciais complementarios presentados por dous dos peritos xudiciais. Entende que "se fai necesario someter á contradición das partes os respectivos informes elaborados por senllos peritos dada a discrepancia evidente mostrada por ambos no que respecta á esixencia -normativa e/ou técnica- de realizar unha avaliación integral de riscos da liña". Acórdase por último solicitar informe da Axencia Europea do Ferrocarril sobre certos extremos que a resolución especifica.

Fonte: Tribuna Superior de Xustiza de Galicia

Documentos relacionados