O Xulgado de Instrución número 3 de Santiago notificou hoxe un auto no que se desestima o recurso presentado contra a decisión do maxistrado de admitir a intervención nos actos periciais dun Enxeñeiro de Telecomunicacións proposto por ADIF.
Indica o xuíz que a pericia a practicar é "unha dilixencia de investigación que pode ser determinante e decisiva para facer imputación a persoas integrantes de ADIF". Considera o instrutor que debe recoñecerse ao ADIF o dereito para acceder en plenitude ao obxecto da pericia "a fin de sortear unha posible vulneración do dereito de defensa de potenciais imputados da devandita entidade".
[Fonte: Tribunal Superior de Xustiza de Galicia]