O xuíz dá dez días a ADIF para que achegue documentación e acéptase un novo perito a cargo de QBE

O Xulgado de Instrución nº 3 de Santiago notificou dous novos autos en relación á instrución do accidente de tren. Nun deles desestímase o recurso de reforma presentado por unha das partes "contra cantas resolucións xudiciais nomeasen e/ou desen posesión como peritos xudiciais a técnicos propostos pola Xunta de Galicia". No outro dáse dez días de prazo a ADIF para que achegue ao xulgado diversa documentación e acórdase tamén a admisión dun novo perito á conta de QBE Insurance (Europe) Limited.

[Fonte: Tribunal Superior de Xustiza de Galicia]