O xuíz desestima o recurso dun imputado de ADIF polo accidente de Santiago que alegaba vulneración do principio de igualdade e precipitación na imputación

O Xulgado de Instrución nº 3 de Santiago notificou o luns 22 de outubro dous autos relacionados coa instrución do accidente. Nun deles rexéitase a recusación exposta polo condutor do tren e unha prexudicada dun dos peritos designados para elaborar informe das causas do sinistro. No outro se desestima o recurso de reforma interposto por un dos imputados alegando "vulneración do principio de igualdade, falta de concorrencia dos requisitos do art. 11 do Código Penal e precipitación do xulgado na imputación".

[Fonte: Tribunal Superior de Xustiza de Galicia]