Notas informativas

22/07/2021 13:46

O exdirector de Seguridade na Circulación de ADIF e o maquinista serán xulgados polo accidente do tren Alvia

  • O instrutor acordou a apertura de xuízo oral, que será celebrado polo Xulgado do Penal número 2 de Santiago
  • O maxistrado require aos investigados e, no seu caso, ás aseguradoras, para que presten unha fianza de máis de 57 millóns para facer fronte a posibles indemnizacións 
  • A Fiscalía solicita para cada un dos dous acusados catro anos de cárcere e que sexan inhabilitados, durante o mesmo período, para o desempeño das súas profesións
09/04/2021 13:54

A Audiencia confirma o peche da investigación do Alvia co maquinista e o exdirector de Seguridade na Circulación de ADIF como investigados

O tribunal asegura que hai “terminantes e plurais indicios” de que a causa do accidente foi o exceso de velocidade

Os xuíces entenden que existía “un risco especial de descarrilamento” que non foi “percibido e atendido por ADIF”

11/12/2020 09:27

O Xulgado rexeita os recursos contra o peche da investigación do accidente do Alvia

O Xulgado de Instrución número 3 de Santiago rexeitou os recursos de reforma interpostos contra o auto que ditou a finais do mes de setembro e no que dá por pechada a investigación do accidente do tren Alvia, sucedido o 24 de xullo de 2013. 

22/09/2020 10:08

O Xulgado pecha a instrución do Alvia e dirixe a causa contra o maquinista e o exdirector de Seguridade na Circulación de ADIF

O Xulgado de Instrución número 3 de Santiago pechou de novo a investigación do accidente do tren Alvia ocorrido o 24 de xullo de 2013 na capital galega.

31/07/2020 17:25

O xuíz instrutor do caso Alvia acorda requirir un novo informe ao perito xudicial encargado do exame do material rodante

 Quere que o experto aclare se os defectos denunciados “en caso de existir e non ter sido reparados, puideron ter algunha incidencia causal no accidente” ferroviario.

12/11/2019 19:10

A Audiencia reabre a instrución sobre o accidente do Alvia

  • A Audiencia decretou o retorno do proceso á fase de dilixencias previas de investigación para a indagación dos feitos expostos pola Plataforma Vítimas Alvia 04155

 

13/03/2019 19:10

O xulgado rexeita os recursos sobre o accidente do Alvia e dirixe a causa contra o maquinista e un cargo de ADIF

  • O xuíz desestimou na resolución as solicitudes das acusacións e defensas e confirmou o sobresemento provisional e arquivo da causa respecto aos outros cinco investigados

 

03/12/2018 19:10

O xulgado finaliza a investigación sobre o accidente do Alvia e dirixe a causa contra o maquinista e un cargo de ADIF

  • O maxistrado acorda que o procedemento se siga contra o condutor do tren e o director de Seguridade na Circulación de ADIF no momento de posta en funcionamento da liña
  • O xuíz instrutor entende que hai indicios para consideralos culpables de oitenta delitos de homicidio e 144 de lesións por imprudencia grave profesional
02/02/2018 19:30

O xuíz chama a declarar en calidade de investigados na causa do Alvia a dous responsables de seguridade de ADIF no momento do accidente

O titular do Xulgado de Instrución  nº3 de Santiago acordou chamar a declarar a dúas novas persoas en calidade de investigados na causa que se segue polo accidente do tren Alvia.