O Xulgado de Instrución número 3 de Santiago pechou de novo a finais de setembro de 2020 a investigación do accidente (dilixencias previas 4069/2013). Mantén que a causa se siga contra o maquinista do tren e o director de Seguridade na Circulación de ADIF no momento de posta en funcionamento da liña por se os feitos que lles imputa fosen constitutivos de oitenta delitos de homicidio e de 144 de lesións, ambos cometidos por imprudencia grave profesional. Varias partes presentaron recurso contra o auto que acorda a continuación das dilixencias previas polos trámites do procedemento abreviado e no que ordena que se dea traslado ao Ministerio Fiscal e ás acusacións particulares personadas para que formulen escrito de acusación, solicitando a apertura de xuízo oral ou ben o sobresemento da causa.
Xulgado de Instrución número 3 de Santiago de Compostela
Información a prexudicados:
Teléfono do xulgado: 981 540 432
Correo electrónico: accidentesantiago@poderjudicial.es
Fiscalía de Área de Santiago de Compostela
Teléfonos: 981 540 384 / 981 540 385 / 981 571 423
Outros contactos de interese:
accidentesantiago@poderjudicial.es
Rúa Viena, s/n - Polígono de Fontiñas
15703 - Santiago de Compostela ( A Coruña )