Os xuíces de paz gozarán, entre outros, dos seguintes dereitos durante o tempo que exerzan o seu mandato:
- Dereito de inamobilidade.
- Ser retribuídos polo sistema e na contía que legalmente se estableza.
- Dereito, dentro da súa circunscrición, ao tratamento e precedencia recoñecidos aos xuíces de primeira instancia e instrución na súa circunscrición.
- Dereito a ser substituídos polos seus respectivos substitutos nos casos de enfermidade ou ausencia por causa legal.
Deberes
ente os deberes dos xuíces de paz figuran:
- Deber de xuramento ou promesa do cargo ante o xuíz de Primeira Instancia e Instrución (ou decano se houber varios) do partido xudicial onde estea situado o seu xulgado de paz.
- Residir na poboación onde teña a súa sede o xulgado de paz, salvo autorización compatible co cumprimento do seu cargo polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
- Fixar e publicitar as correspondentes horas de audiencia no xulgado de paz.
- Non pertencer a partidos políticos ou sindicatos, ou ter emprego ao servizo destes.
- Non revelar os feitos ou noticias referentes a persoas físicas ou xurídicas dos que tivesen coñecemento no exercicio das súas funcións.
Competencias
Os xuíces de paz son competentes, entre outras, nas seguintes materias:
- En materia civil é competente para tramitar, celebrar e ditar sentenzas en reclamación de cantidades inferiores a 90,15 euros así como a execución destas resolucións.
- En materia de rexistro civil é competente para celebrar vodas, inscribir nacementos e defuncións e tramitar os correspondentes expedientes de fe de vida.
- En materia penal, é competente para tramitar, celebrar e ditar sentenzas en xuízos de faltas por feitos de pequena gravidade que acontecesen no termo municipal da súa xurisdición, como insultos, ameazas, vexacións, actos incívicos contra bens públicos…
- En materia de auxilio xudicial é competente para a realización de actos de comunicación requiridos por outros órganos xudiciais.
- En materia de conciliación é competente para a realización dos actos de conciliación que se celebren no termo municipal da súa xurisdición.
- Así mesmo, teñen importantes competencias no labor de atención á cidadanía e intervención pola vía pacificadora extraxudicial en múltiples problemas dos cidadáns do seu termo municipal.