PARTICIPACIÓN NO TRIBUNAL DO XURADO

Veredicto

O veredicto pon fin á función do xurado.  Unha vez finalizada a votación, estenderase a acta de votación na cal se indicará en apartados separados o resultado da deliberación e se foi por unanimidade ou por maioría. A acta será asinada por todos os xurados.

Unha vez firmada a acta, entregarán unha copia ao presidente, quen convocará ás partes para facer a lectura do veredicto en audiencia pública polo voceiro do xurado. Unha vez realizada a lectura, o xurado cesará nas súas funcións.

Seguidamente, o maxistrado-presidente ditará sentenza incluíndo, como feitos probados e delito obxecto de condena ou absolución, o contido correspondente do veredicto. Se o veredicto fose de inculpabilidade, o presidente ditará no acto sentenza absolutoria do acusado, ordenando, se é o caso, a inmediata posta en liberdade. Finalmente procederase á publicación e ao arquivo da sentenza e a acta do xurado anexada.