Preguntas frecuentes

Cubrindo e enviando un formulario de solicitude de alta asinado polo responsable da administración pública solicitante ao correo que se indica no propio modelo, indicando o responsable ao cal se lle deberá proporcionar os datos precisos para o acceso ás descargas.

Non, a alta no grupo permite o aceso ás descargas relacionadas ca aplicación, así coma a inclusión do mail do usuario responsable na lista de difusión de novidades da aplicación.

Os requisitos mínimos das máquinas a utilizar para o uso de eFidelius son, atendendo á súa configuración como servidores sala, sede ou central, os seguintes:

CENTRAL/SEDE: Sistema Operativo: Linux Red Hat 6.5 Enterprise (rhel-server-6.5-x86_64) Windows 2008 Server R2Std Servidor de Aplicaciones WEB: Apache-Tomcat 7.0.42 JBoss Application Server EAP 6.2.0 GA Sistema Gestor de Base de Datos: Oracle 11.2.0.4 MySQL Community Server 5.6.19 Video Servidor: Windows Media Services-Windows 2008 Linux - Apache-tomcat-7.0.42 Software base Java: JDK 1.7 e JRE 1.7.

SALA: Sistema Operativo: Windows 7 profesional SP1 32 bits Windows 7 profesional SP1 64 bits Sistema Gestor de Base de Datos: MySQL Community Server 5.6.19 Software base Java: JDK 1.7 e JRE 1.7.

A versión actual de eFidelius en uso na comunidade autónoma de Galicia é a 1.23.1.4. Para solventar certas incompatibilidades relacionadas co maquetado realizado polo Ministerio de Xustiza nas máquinas que albergan eFidelius liberouse unha versión paralela, a 1.23.1.5, que, desde o punto de vista funcional é completamente equivalente á versión 1.23.1.4.

A senda de unicidade recuperarase na próxima versión que garante a compatibilidade con ambas configuracións.

Si. O sistema de eFidelius desenvolveuse coa principal premisa de proporcionar os servizos que aporta aos usuarios da Administración sen que estes se visen afectados por axentes externos coma a dispoñibilidade da rede. Para isto, creáronse tres niveis, sistemas de Sala, Sede Xudicial e Central, que permiten almacenar os vídeos en servidores independentes e permitir o aceso a estes en caso de caída tanto de internet coma da rede de LAN, á vez que facilitan a prestación de servizos a terceiros desde un punto único.

O instalador da última versión de estrutura procesual atópase incluído no espazo de descargas. Dita estrutura respecta os mestres da aplicación xudicial Minerva e pode ser actualizada de xeito independente, sen necesidade de actualizar a versión de eFidelius.