Plan de traballo e liñas de evolución

A nova versión de eFidelius que se está desenvolvendo contempla 6 liñas actuación que serán concretadas en diferentes entregas, realizándose unha primeira entrega desta versión en xullo de 2018.

Estas liñas de actuación son:

  1. Salas de vistas dixitais: permitirá a xestión de todos os procesos que se desenvolven nunha Sala de Vista, de forma dixital, sen a necesidade de uso do papel.
  2. Integración da información audiovisual en EXE: completar o Expediente Xudicial Electrónico coa incorporación dos arquivos audiovisuais.
  3. Usabilidade: mellora da experiencia de usuario: revisión integral do sistema que permita a simplificación de procesos e unha boa experiencia de usuario.
  4. Seguridade: adecuación á normativa existente en materia de protección de datos, así como en seguridade da información.
  5. Estabilidade e sustentabilidade da solución: enfocada á reutilización de compoñentes de software transversais e a súa compatibilidade e integración na infraestrutura existente.
  6. Peticións doutras comunidades autónomas, incidencias, adecuación normativa e adaptacións ao novo  HW/SW: esta liña de actuación é transversal ás anteriores. Está enfocada a aquelas actuacións non contempladas no momento actual pero que poden xurdir durante o ciclo de vida da aplicación.

Pode consultar o detalle destas liñas de actuación no documento relacionado "Plan de Traballo eFidelius 18-19".

Ademais, para consultar as evolucións contempladas na próxima versión pode consultar a ligazón "Alcance da próxima versión - xaneiro 2019"