Solicitude de acceso

Para o acceso ás descargas de eFidelius, no cal se atopan as últimas versións e plugins da aplicación xunto con toda a documentación relacionada, é necesario formalizar a solicitude de alta no grupo de transferencia tecnolóxica de eFidelius xestionado pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Esta solicitude levarase a cabo cubrindo e enviando o formulario de solicitude de alta correspondente, asinado polo responsable da administración pública solicitante ao correo que se indica no propio modelo. Así mesmo, neste formulario debese indicar a persoa de contacto á cal se lle proporcionarán os datos precisos para o acceso ás descargas.