Traductores e intérpretes no ámbito da xustiza

Tradutores e intérpretes de galego

"Corresponde á Secretaría Xeral de Política Lingüística a xestión do rexistro de profesionais de tradución e interpretación xurada de galego e de conceder as autorizacións oficiais"

O Estatuto de Autonomía de Galicia establece que o galego e o castelán son linguas cooficiais en todo o seu territorio e a Lei 3/1983, de normalización lingüística, sinala que os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal do galego e do castelán.

Corresponde á Secretaría Xeral de Política Lingüística a xestión do rexistro de profesionais de tradución e interpretación xurada de galego e de conceder as autorizacións oficiais necesarias para o exercicio da profesión.

Os profesionais inscritos no rexistro oficial que desexen aparecer na Lista de profesionais da tradución e interpretación xurada de galego deben deben autorizar expresamente a publicación dos seus datos ante a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

No ámbito da xustiza, corresponde á Dirección Xeral de Xustiza prestar o servizo de interpretación e tradución en idiomas non oficiais en Galicia para os procedementos xurisdicionais que tramiten os órganos xudiciais e fiscalías do territorio desta comunidade autónoma. Tamén ofrece un servizo de lingua de signos e servizo de asesoramento ao persoal da Administración de xustiza para realizar traducións de textos entre as linguas cooficiais .

Tradución e Interpretación en idiomas non oficiais

A interpretación e tradución en idiomas non oficiais, que se realiza mediante contrato de adxudicación a unha entidade privada, inclúe, entre outros, os seguintes servizos:

  • No marco de dilixencias de investigacións previas ao procedemento xudicial, tramitadas polo Ministerio Fiscal.
    • A Interpretación das declaracións orais de testemuñas e as traducións escritas que se soliciten pola Fiscalía.
  • En procedementos xudiciais do ámbito penal:
    • A interpretación de declaracións orais de imputados e de testemuñas e a tradución de escritos en poder dos órganos xudiciais, cando estes servizos sexan solicitados de oficio, por petición do Ministerio Fiscal ou sexan solicitados por unha das partes que teña recoñecido o dereito da asistencia xurídica gratuíta.
  • En procedementos dos ámbitos civil, social ou contencioso administrativo::
    • A interpretación de declaracións das partes e de testemuñas e a tradución de escritos en poder dos órganos xudiciais, cando sexan solicitados por unha das partes que ten recoñecido o dereito da asistencia xurídica gratuíta, cando sexan acordados de oficio ou por petición do Ministerio Fiscal en beneficio de persoas incapaces ou menores desamparados.

Para saber máis...