Para a inscrición das parellas de feito, os seus membros deberán cumprir os seguintes requisitos:
- Ser maiores de idade.
- Non ter relación de parentesco en liña recta por consanguinidade ou adopción nin colateral por consanguinidade ou adopción ata o terceiro grao.
- Manifestar a vontade de constitución de parella de feito a través de modelo normalizado.
- Non estar ligado por matrimonio ou ter formalizada parella de feito con outra persoa.
- Non estar incapacitado xudicialmente para rexer a súa persoa.
- Ter un dos membros da parella a veciñanza civil galega.
- Acreditar o empadroamento dos membros da parella no mesmo domicilio, nalgún municipio de Galicia.
A solicitude debe ir acompañada da seguinte documentación:
- Fotocopia compulsada do DNI de ambos os dous membros da parella ou, en caso de estranxeiros, documento similar no seu país.
- Certificación de empadroamento dos membros da parella nalgún municipio de Galicia.
- Acreditación do estado civil de ambos os dous membros da parella mediante certificación do Rexistro Civil ou equivalente no caso de estranxeiros.
- Declaración de vontade de constituír unha parella de feito.
- Declaración responsable de ambos os dous de non ter constituída parella de feito con outra persoa.
- Se é o caso, sentenza xudicial de divorcio, ou nulidade ou certificado literal de matrimonio no que conste ningún destes extremos.
- Declaración responsable de non ter relación de parentesco en liña recta por consanguinidade ou adopción nin colateral por consanguinidade ou adopción ata o terceiro grao.
- Declaración responsable de non estar incapacitado para os efectos de prestar o seu consentimento para constituír unha parella de feito.
- Fotocopia compulsada do libro de familia, ou equivalente, nos casos nos que houbese fillos ou fillas comúns ou de calquera dos membros da parella.