Nome e apelidos

"A información que se mostra neste apartado, pode variar de acordo á normativa vixente no momento da súa consulta, polo tanto, deberase tomar como meramente orientativa e de apoio á xestión consultada"

A lexislación española establece que toda persoa ten dereito a un nome dende o seu nacemento e que será designada e identificada polo seu nome e apelidos, correspondentes a ambos os dous proxenitores, que a lei amparará fronte a todos.

Na inscrición no Rexistro Civil expresarase o nome que se dá ao nacido, se ben non poderá consignarse máis dun nome composto, nin máis de dous simples.

Quedan prohibidos os nomes que obxectivamente prexudiquen á persoa, os que fagan confusa a identificación e os que induzan a erro en canto ao sexo. Considérase que prexudican obxectivamente á persoa os nomes propios que, por se ou en combinación cos apelidos, resultan contrarios ao decoro.

A substitución do nome propio polo seu equivalente onomástico en calquera das linguas españolas requirirá, se non fose notorio, que se acredite polos medios oportunos esta equivalencia e a grafía correcta do nome solicitado.

Pola súa banda, a filiación determina os apelidos. Nos supostos de nacemento cunha soa filiación recoñecida, esta determina os apelidos, podendo o proxenitor que recoñeza a súa condición de tal determinar, ao tempo da inscrición, a orde dos apelidos.

A orde dos apelidos establecida para a primeira inscrición de nacemento determina a orde para a inscrición dos posteriores nacementos con idéntica filiación.

O encargado do rexistro, a petición do interesado ou do seu representante legal, procederá a regularizar ortograficamente os apelidos cando a forma inscrita non se adecúe á gramática e fonética da lingua española correspondente.

Os formularios de cada un dos Rexistros Civís pódense descargar dende esta web no espacio de cita previa, e deben ser cumprimentados e presentados, xunto coa documentación pertinente, ante o Rexistro Civil ou órgano competente.