Cita previa no Rexistro Civil

Recoméndase pedir cita previa para acudir ao Rexistro Civil co obxectivo de evitar desprazamentos innecesarios ás sedes. Antes de solicitar a cita, infórmese sobre a documentación que debe presentar no seu Rexistro Civil.

A continuación pode atopar a documentación necesaria para cada trámite nos distintos rexistros civís e a posibilidade de solicitar cita previa:

INSTRUCIÓNS QUE DEBE CONSULTAR ANTES DE PEDIR CITA

É recomendable pedir cita a través desta páxina para:

  • Nacionalidade: xuras, inscripción de matrimonio celebrado fóra de España e vecindade civil.
  • Cambio de sexo.
  • Solicitude de certificados de nacemento, matrimonio ou defunción.

IMPORTANTE: INFÓRMASE QUE A PETICIÓN TELEMÁTICA DE CERTIFICADOS DEBERÁ REALIZARSE UNICAMENTE A TRAVÉS DA SEGUINTE PÁXINA: https://sede.mjusticia.gob.es/es/tramites.

Para os seguintes trámites deberá cursar a súa solicitude de cita a través do correo registrocivil.acoruna@justicia.es:

  • Presentación de documentación para inicio do expediente matrimonial.
  • Capitulacións matrimoniais (deberán aportarse escrituras).
  • Recoñecemento e expedientes de filiación.
  • Cambio de nome e apelidos, inversión de apelidos, tradución do nome.
  • Inscricións de nacementos fóra de prazos, legaxo de abortos.
  • Corrección de erros.
  • Matrimonio: ratificacións, audiencia previa e declaración de dúas testemuñas.

Non se tramita neste Rexistro Civil a apertura de expedientes de NACIONALIDADE POR RESIDENCIA, salvo a autorización necesaria para a súa obtención polos menores de 14 anos. A nacionalidade por residencia deberá solicitala ante a sede electrónica do Ministerio de Xustiza ou nos rexistros administrativos establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro de procedemento administrativo común das administracións públicas.

É indispensable acudir cos documentos que se poden descargar abaixo deste apartado debidamente cubertos. Por favor, antes de solicitar unha cita, comprobe que dispón de toda a documentación necesaria. E lembre asistir á cita debidamente identificado/a con DNI, NIE ou pasaporte.

Matrimonios

*Para a solicitude de inscrición de matrimonio celebrado no extranxeiro, deberá solicitar cita no apartado de nacionalidade

Nacionalidade

*É indispensable acudir con certificacións e documentos actualizados (un ano máximo de antigüedade) e certificado de empadroamento con vixencia máxima de 3 meses.

Cambio de nome e/ou sexo segundo a Lei 4/2023 do 28 de febreiro para a igualdade real e efectiva das persoas trans e para a garantía dos dereitos das persoas LGTBI

Por favor, presente a solicitude ante este Rexistro debidamente cuberta e siga as instrucións da documentación que se achegan. Se ten algunha dúbida, pode consultala a través do correo electrónico registrocivil.acoruna @justicia.es

TRÁMITES QUE NON PRECISAN CITA

Para os seguintes trámites non se necesita cita previa, neste caso, o horario de atención ao público no Rexistro é de 9 a 14 horas, de luns a venres. Certificacións e recollida de documentación, de 9 a 18 horas, de luns a venres, e sábados, de 10 a 13 horas:

  • Fe de vida: *AVISO IMPORTANTE: EN CUMPRIMENTO DA CIRCULAR DE 24 DE XUÑO DE 2022 DA DIRECCIÓN XERAL DE SEGURIDADR XURÍDICA E FE PÚBLICA SOBRE O OBXECTO E USO DE CERTIFICADO DE FE DE VIDA OU DE FE DE VIDA E ESTADO, SÓ SE ENTREGARÁN CERTIFICADOS DE FE DE VIDA PARA O COBRO DE PENSIÓNS NO EXTRANXEIRO.
  • Demais trámites non incluídos en ningún dos anteriores.

INSTRUCIÓNS QUE DEBE CONSULTAR ANTES DE PEDIR CITA

Por favor, antes de solicitar unha cita comprobe que dispón de toda a documentación necesaria.

É indispensable acudir o día da cita debidamente identificada/o con DNI, NIE ou pasaporte. Tamén debe levar os documentos do trámite que desexa realizar e é moi recomendable acudir cos modelos e solicitudes debidamente cubertos, pois isto reduce os tempos de espera. Pódelos descargar debaixo deste apartado.

Só poderán solicitar cita previa as persoas empadroadas en Betanzos ou no partido xudicial deste rexistro civil (dependendo do trámite varía o criterio de empadroamento) e persoas con interese lexítimo.

Matrimonio
Certificados
Inscrición de nacemento
Cambios rexistrais
Nacionalidade
Veciñanza civil

Poderán solicitar o cambio da veciñanza común á veciñanza galega as persoas que acrediten que levan vivindo en Galicia más de dous anos. Para solicitala, deberán estar empadroadas no partido xudicial de Betanzos. A documentación precisan é a seguinte:

  • Certificado de nacemento actualizado.
  • Empadroamento actualizado dos dous últimos anos.
  • Orixinal e fotocopia do DNI.

As persoas interesadas deberán acudir ao rexistro CO SEU DNI.

 
TRÁMITES QUE NON PRECISAN CITA

Fe de vida e estado

  • A persoa solicitante deberá estar empadroada en Betanzos.
  • Deberá comparecer a persoa interesada provista do seu DNI no que conste o domicilio en Betanzos; se non consta, deberá presentar un certificado de empadroamento.
  • No caso de non poderse desprazar por motivos médicos, a persoa que faga a solicitude no seu nome deberá traer cuberto o formulario que se achega e un informe actual do médico de familia, ademais do seu DNI e o DNI do/da solicitante.

INSTRUCIÓNS QUE DEBE CONSULTAR ANTES DE PEDIR CITA

Por favor, antes de solicitar unha cita comprobe que dispón de toda a documentación necesaria.

É indispensable acudir o día da cita debidamente identificada/o con DNI, NIE ou pasaporte. Tamén debe levar os documentos do trámite que desexa realizar e é moi recomendable acudir cos modelos e solicitudes debidamente cubertos, pois isto reduce os tempos de espera. Pódelos descargar debaixo deste apartado.

Só poderán solicitar cita previa as persoas empadroadas en Cambados ou no partido xudicial deste rexistro civil (dependendo do trámite varía o criterio de empadroamento) e persoas con interese lexítimo.

Matrimonio
Certificados
Fe de vida e estado
  • A persoa solicitante deberá estar empadroada en Cambados.
  • Deberá comparecer a persoa interesada provista do seu DNI no que conste o domicilio en Cambados; se non consta, deberá presentar un certificado de empadroamento.
  • No caso de non poderse desprazar por motivos médicos, a persoa que faga a solicitude no seu nome deberá traer cuberto o formulario que se achega e un informe actual do médico de familia, ademais do seu DNI e o DNI do/da solicitante.
Inscrición de nacemento
Nome e apelidos
Filiación
Cambios rexistrais
Nacionalidade
Veciñanza civil

Poderán solicitar o cambio da veciñanza común á veciñanza galega as persoas que acrediten que levan vivindo en Galicia más de dous anos. Para solicitala, deberán estar empadroadas no partido xudicial de Cambados. A documentación precisan é a seguinte:

  • Certificado de nacemento actualizado.
  • Empadroamento actualizado dos dous últimos anos.
  • Orixinal e fotocopia do DNI.

As persoas interesadas deberán acudir ao rexistro CO SEU DNI.


INSTRUCIÓNS QUE DEBE CONSULTAR ANTES DE PEDIR CITA

Por favor, antes de solicitar unha cita comprobe que dispón de toda a documentación necesaria.

É indispensable acudir o día da cita debidamente identificada/o con DNI, NIE ou pasaporte. Tamén debe levar os documentos do trámite que desexa realizar e é moi recomendable acudir cos modelos e solicitudes debidamente cubertos, pois isto reduce os tempos de espera. Pódelos descargar debaixo deste apartado.

Só poderán solicitar cita previa as persoas empadroadas en Carballo ou no partido xudicial deste rexistro civil (dependendo do trámite varía o criterio de empadroamento) e persoas con interese lexítimo.

Matrimonio
Certificados
Fe de vida e estado
  • A persoa solicitante deberá estar empadroada en Carballo.
  • Deberá comparecer a persoa interesada provista do seu DNI no que conste o domicilio en Carballo; se non consta, deberá presentar un certificado de empadroamento.
  • No caso de non poderse desprazar por motivos médicos, a persoa que faga a solicitude no seu nome deberá traer cuberto o formulario que se achega e un informe actual do médico de familia, ademais do seu DNI e o DNI do/da solicitante.
Inscrición de nacemento
Nome e apelidos
Filiación
Cambios rexistrais
Nacionalidade
Veciñanza civil

Poderán solicitar o cambio da veciñanza común á veciñanza galega as persoas que acrediten que levan vivindo en Galicia más de dous anos. Para solicitala, deberán estar empadroadas no partido xudicial de Carballo. A documentación precisan é a seguinte:

  • Certificado de nacemento actualizado.
  • Empadroamento actualizado dos dous últimos anos.
  • Orixinal e fotocopia do DNI.

As persoas interesadas deberán acudir ao rexistro CO SEU DNI.


Só poderán solicitar cita previa as persoas con interés lexítimo e, no caso dos expedientes, as persoas empadroadas no partido xudicial deste rexistro civil. En caso contrario, a cita non será atendida.

  • Expedientes matrimoniais
  • Capitulacións matrimoniais
    Para este caso a persoa interesada deberá presentar a seguinte documentación (só se poderá presentar por unha das persoas contraíntes ou os proxenitores destas con autorización asinada):
    • Capitulacións (copias tanto para o rexistro civil como para as persoas contraíntes)
    • DNI
    • Autorización asinada polas persoas contraíntes no caso de levalas os seus proxenitores
  • Xuras de nacionalidade
    Para este caso a persoa interesada deberá presentar a seguinte documentación:
    • Cuestionario de datos relativos ao seu nacemento, cuberto con letra clara e en maiúsculas
    • Orixinal e fotocopia do NIE ou pasaporte
    • Os seguintes orixinais:
      • Certificación literal de nacemento, debidamente legalizada ou apostillada e traducida ao español (se estivese noutro idioma
      • Certificacións de antecedentes penais actualizadas, do seu país de orixe e español
      • Certificación padroal actual
      • Xustificante da data de notificación da resolución pola que se lle concede a nacionalidade
    • Outros expedientes
      • Filiación: Recoñecemento dun menor.
      • Cambios rexistrais: Rectificación rexistral da mención relativa ao sexo, corrección de erro nas actas de nacemento, matrimonio e defunción.
      • Nome e apelidos: Cambio de nome, cambio de apelidos ou invertido de apelidos.
      • Veciñanza civil
      • Nacionalidade española por opción
      • Presunción de nacionalidade
      • Inscricións competentes Rexisto Civil Central

Para calquera outra consulta, información, verificación de documentación relativa aos expedientes rexistrais antes mencionados, recoméndase solicitar cita previa, para non entorpecer a xestión diaria de inscricións, emisión de certificados e fes de vida.


INSTRUCIÓNS QUE DEBE CONSULTAR ANTES DE PEDIR CITA

Por favor, antes de solicitar unha cita comprobe que dispón de toda a documentación necesaria.

É indispensable acudir o día da cita debidamente identificada/o con DNI, NIE ou pasaporte. Tamén debe levar os documentos do trámite que desexa realizar e é moi recomendable acudir cos modelos e solicitudes debidamente cubertos, pois isto reduce os tempos de espera. Pódelos descargar debaixo deste apartado.

Só poderán solicitar cita previa as persoas empadroadas en Lalín ou no partido xudicial deste rexistro civil (dependendo do trámite varía o criterio de empadroamento) e persoas con interese lexítimo.

Para o resto de trámites acuda sen cita previa ao Rexistro Civil de Lalín, de luns a vernes, en horario de 9:00 h a 13:00 h.


  • Xuras de nacionalidade

    O Rexistro Civil competente para a XURA DE NACIONALIDADE é o do domicilio que conste na resolución de concesión coa única excepción de que a/o solicitante pode aportar o certificado de empadronamento cunha alta nun domicilio diferente si a alta é anterior á data da resolución de concesión.

    Conforme coa circular da Dirección Xeral de Seguridade Xurídica e Fe Pública sobre os trámites de xura e inscripción da nacionalidade española por residencia de 05/03/2021 emitidas pola DIRECCIÓN XERAL DE SEGURIDADE XURÍDICA E FE PÚBLICA para os trámites de xura se requerirá a seguinte documentación:

    • Orixinais do certificado de nacemento e do de antecedentes penais do país de orixe cuxa copia foi aportada no seu momento de forma telemática ao expediente.
    • Resolución de concesión da nacionalidade, así como certificación na que conste a data de notificación da mesma a través da CARPETA CIDADANA.
    • Certificado de empadronamento que acredite que o domicilio do interesado está en Lugo ou na localidade de algún dos seus rexistros delegados (FRIOL, CASTROVERDE, CASTRO DE REI, OUTEIRO DE REI, MEIRA, GUNTIN, POL, O CORGO Y RÁBADE).
    • Copia do NIE.
    • Libro de Familia Español (se existe).
    • Cuestionario de datos relativos ao seu nacemento, cuberto con letra clara e en maiúsculas

En todo caso deberá comparecer persoalmente o interesado/a e, no caso de non ser posible por razóns de saúde deberase aportar certificado médico de data inmediatamente anterior á comparecencia polo cal se acredite a imposibilidade de comparecencia persoal da persoa cuxa fe de vida se solicita

  • Entrega da documentación para todo tipo de expedientes.
  • Capitulacións matrimoniais.
    Para este caso a persoa interesada deberá presentar a seguiente documentación (só se poderá presentar por unha das persoas contrayentes ou os proxenitores destas con autorización asinada):
    • Capitulacións (copias tanto para o rexistro civil como para as personas contraíntes)
    • DNI
    • Autorización asinada polas persoas contraíntes no caso de levalas os seus proxenitores
  • Expedición de certificacións e fes de vida.
  • Maiores de 65 anos, licenzas de enterramento e inscricións de nacemento (no hospital) aténdense SEN CITA PREVIA en horario de 9:00 h a 14:00 h.

INSTRUCIÓNS QUE DEBE CONSULTAR ANTES DE PEDIR CITA

Por favor, antes de solicitar unha cita comprobe que dispón de toda a documentación necesaria.

É indispensable acudir o día da cita debidamente identificada/o con DNI, NIE ou pasaporte. Tamén debe levar os documentos do trámite que desexa realizar e é moi recomendable acudir cos modelos e solicitudes debidamente cubertos, pois isto reduce os tempos de espera. Pódelos descargar debaixo deste apartado.

Matrimonios
Certificacións
Outros trámites
  • Outros expedientes
  • Información expedientes
  • Para a expedición de certificados, fes de vida e inscricións dentro do prazo de nacementos e defuncións non é necesaria a cita previa, podendo comparecer no rexistro de 9 a 14 horas. Para calquera outro trámite recoméndase pedir cita no apartado "Xuras e outros expedientes".


    INSTRUCIÓNS QUE DEBE CONSULTAR ANTES DE PEDIR CITA

    Por favor, antes de solicitar unha cita comprobe que dispón de toda a documentación necesaria.

    É indispensable acudir o día da cita debidamente identificada/o con DNI, NIE ou pasaporte. Tamén debe levar os documentos do trámite que desexa realizar e é moi recomendable acudir cos modelos e solicitudes debidamente cubertos, pois isto reduce os tempos de espera. Pódelos descargar debaixo deste apartado.

    Matrimonio
    Fe de vida e estado
    • A persoa solicitante deberá estar empadroada na Pobra de Trives.
    • Deberá comparecer a persoa interesada provista do seu DNI no que conste o domicilio na Pobra de Trives; se non consta, deberá presentar un certificado de empadroamento.
    • No caso de non poderse desprazar por motivos médicos, a persoa que faga a solicitude no seu nome deberá traer cuberto o formulario que se achega e un informe actual do médico de familia, ademais do seu DNI e o DNI do/da solicitante.
    Inscrición de nacemento
    Nome e apelidos
    Filiación
    Cambios rexistrais
    Nacionalidade
    Veciñanza civil

    Poderán solicitar o cambio da veciñanza común á veciñanza galega as persoas que acrediten que levan vivindo en Galicia más de dous anos. Para solicitala, deberán estar empadroadas no partido xudicial da Pobra de Trives. A documentación precisan é a seguinte:

    • Certificado de nacemento actualizado.
    • Empadroamento actualizado dos dous últimos anos.
    • Orixinal e fotocopia do DNI.

    As persoas interesadas deberán acudir ao rexistro CO SEU DNI.

     

    INSTRUCIÓNS QUE DEBE CONSULTAR ANTES DE PEDIR CITA

    Por favor, antes de solicitar a cita previa, consulte a información do trámite que desexa realizar, así como a documentación que debe recabar e os modelos/solicitudes que ten que descargar e cubrir. Se ten algunha dúbida, envíe a súa consulta a través do correo electrónico registrocivil.ponteareas@justicia.es.

    Requisitos para pedir cita

    • Para os trámites de xura de nacionalidade e matrimonio civil, só poderán acudir a esta oficina os empadroados en Ponteareas.
    • Debe acudir o día da cita coa documentación indicada en cada trámite e é altamente recomendable acudir cos modelos e solicitudes (dispoñibles na páxina web de cita previa) debidamente cubertos, pois isto reduce os tempos de espera. E lembre asistir á cita debidamente identificado con DNI, NIE ou pasaporte.

    Trámites que non precisan cita

    • Os certificados de nacemento/ matrimonio e defunción deberán solicitarse a través da páxina web do Ministerio de Xustiza (Sede Electrónica – Trámites. No caso de contar con DNI electrónico , clave PIN ou clave permanente a expedición é automática).
    • A inscrición de recén nados non necesita cita previa. Neste caso, o horario de atención ao público no rexistro é de luns a venres, de 10 a 13 horas. Deberán traer cubertas as follas amarelas do hospital e o DNI/NIE/ Pasaporte dos proxenitores. Se non están casados ou se o están pero se trata do primeiro fillo, deben comparecer ambos proxenitores. Se se trata do segundo fillo ou posteriores e están casados, cun proxenitor é suficiente.
    • Tampouco é necesario solicitar cita para obter o impreso de últimas vontades. Neste caso, basta con acudir ao Rexistro Civil en horario de atención ao público (de luns a venres de 10 a 13 horas).
    Matrimonio
    Fe de vida e estado
    • Deberá comparecer a persoa interesada provista do seu DNI.
    • No caso de non poderse desprazar por motivos médicos, a persoa que faga a solicitude no seu nome deberá traer un informe actual do médico de familia, ademais do seu DNI e o DNI do/da solicitante.
    Inscrición de nacemento
    Nome e apelidos
    Filiación
    Cambios rexistrais
    Nacionalidade
    Defuncións
    Veciñanza civil

    INSTRUCIÓNS QUE DEBE CONSULTAR ANTES DE PEDIR CITA

    Por favor, antes de solicitar unha cita comprobe que dispón de toda a documentación necesaria.

    É indispensable acudir o día da cita debidamente identificada/o con DNI, NIE ou pasaporte. Tamén debe levar os documentos do trámite que desexa realizar e é moi recomendable acudir cos modelos e solicitudes debidamente cubertos, pois isto reduce os tempos de espera. Pódelos descargar debaixo deste apartado.

    Matrimonios
    Fe de vida e estado
    Rexistro de recén nados
    Nome e apelidos
    Filiación
    Cambios rexistrais
    Nacionalidade
    Veciñanza civil
    Certificacións
    Defuncións
    Traslado de inscricións
    Adopción internacional

    INSTRUCIÓNS QUE DEBE CONSULTAR ANTES DE PEDIR CITA

    IMPORTANTE: INFÓRMASE QUE A PETICIÓN TELEMÁTICA DE CERTIFICADOS DEBERÁ REALIZARSE UNICAMENTE A TRAVÉS DA SEGUINTE PÁXINA: https://sede.mjusticia.gob.es/es/tramites.

    Por favor, antes de solicitar unha cita, comprobe que dispón de toda a documentación necesaria. E lembre asistir á cita debidamente identificado/a con DNI, NIE ou pasaporte orixinais.

    É recomendable pedir cita a través desta páxina para:

    • Expedientes matrimoniais
    • Xuras de nacionalidade
      Para este caso a persoa interesada deberá presentar a seguinte documentación:
      • Cuestionario de datos relativos ao seu nacemento, cuberto con letra clara e en maiúsculas
      • Orixinal e fotocopia do permiso de residencia e, se o tivese, orixinal e fotocopia do libro de familia español
      • Os seguintes orixinais:
        • Certificación literal de nacemento, debidamente legalizada ou apostillada e traducida ao español (se estivese noutro idioma)
        • Certificacións de antecedentes penais actualizadas, do seu país de orixe e español
        • Certificación padroal conxunta
    • Capitulacións matrimoniais
      Para este caso a persoa interesada ou persoa autorizada cun poder especial para a realización deste trámite deberá presentar a seguinte documentación:
      • Capitulacións (copias tanto para o rexistro civil como para as persoas contraíntes)
      • DNI
    • Fe de vida e estado
    • Entrega de documentación para outros expedientes

    INSTRUCIÓNS QUE DEBE CONSULTAR ANTES DE PEDIR CITA

    Só poderán solicitar cita previa as persoas empadroadas no partido xudicial deste rexistro civil, e persoas con interese lexítimo. En caso contrario, a cita non será atendida.

    É recomendable pedir cita a través desta páxina para:

    • Presentación de documentación para voda civil
    • Presentación de capitulacións e traslado de inscricións
    • Inscricións de recén nados
    • Inscricións de matrimonios celebrados fóra de España (para este trámite, a solicitude de cita previa farase por vía telefónica)
    • Fe de vida
    • Expedientes de nacionalidade ou vecindade civil
    • Certificados de nacemento, matrimonio, defunción
    • Cambio de nome, apelidos ou sexo:
      • Cambio de nome e sexo
      • Expedientes de invertido de apelidos
      • Expedientes de cambio de nome e apelidos

    IMPORTANTE: INFÓRMASE QUE A PETICIÓN TELEMÁTICA DE CERTIFICADOS DEBERÁ REALIZARSE UNICAMENTE A TRAVÉS DA SEGUINTE PÁXINA: https://sede.mjusticia.gob.es/es/tramites/

    Está habilitada a cita telefónica, a través do número 886 218 878, para aquelas persoas usuarias que teñan problemas para acceder a internet e necesiten tramitar fes de vida. O teléfono está operativo de luns a venres, en horario de 13.00 horas a 14.00 horas.

    É indispensable acudir cos documentos que se poden descargar abaixo deste apartado debidamente cubertos. Por favor, antes de solicitar unha cita, comprobe que dispón de toda a documentación necesaria. E lembre asistir á cita debidamente identificado/a con DNI, NIE ou pasaporte orixinais.

    Matrimonios civís
    Traslado de inscricións de matrimonio
    Traslado de inscricións de nacementos
    Inscricións de matrimonio do Rexistro Central
    Cambio de nome e/ou apelidos
    Rectificación rexistral da mención relativa ao sexo
    Invertido de apelidos
    Cambio de nome de persoas transexuais
    Nacementos
    Expediente de fe de vida
    • Debe aportar o certificado de empadroamento, o certificado médico cun máximo de antigüedade máximo de 15 días que recolla a imposibilidade de trasladarse e a fotocopia do DNI dos/as 2 testigos/as, do/a familiar e da persoa imposibilitada. Debe comparecer o/a familiar e os 2 testigos/as cos DNI orixinais e da persoa obxeto do expediente.
    Expedición de certificado de fe de vida
    • Para solicitar a expedición deste certificado, se é o/a titular debe comparecer co DNI. Se non pode acudir o/a titular, o/a solicitante debe acudir co seu DNI orixinal e co DNI orixinal do titular e co certificado médico que recolla a imposibilidade de trasladarse cun máximo de 15 días de antigüidade. Ademais, no caso de que precise expedición de certificado de fe de vida e estado civil, debe tramitar un Expediente de fe de vida.

    AVISO IMPORTANTE: EN VIRTUDE DA CIRCULAR DE 24 DE XUÑO DE 2022 DA DIRECCION XERAL DE SEGURIDADE XURÍDICA E FE PÚBLICA SOBRE O OBXECTO E USO DO CERTIFICADO DE FE DE VIDA OU DE FE DE VIDA E ESTADO, SÓ SE ENTREGARÁN CERTIFICADOS DE FE DE VIDA PARA O COBRO DE PENSIÓNS NO EXTRANXEIRO.

    Nacionalidade

    INSTRUCIÓNS QUE DEBE CONSULTAR ANTES DE PEDIR CITA

    Por favor, antes de solicitar unha cita comprobe que dispón de toda a documentación necesaria.

    É indispensable acudir o día da cita debidamente identificada/o con DNI, NIE ou pasaporte. Tamén debe levar os documentos do trámite que desexa realizar e é moi recomendable acudir cos modelos e solicitudes debidamente cubertos, pois isto reduce os tempos de espera. Pódelos descargar debaixo deste apartado.

    Se ten algunha dúbida ou desexa realizar algún trámite non recollido no sistema de citas pero que é competencia do Rexistro Civil, envíe a súa consulta a través do correo electrónico registrocivil.vivero@justicia.es.

    É recomendable pedir cita a través desta páxina para:

    • Matrimonio
    • Certificados (agás os maiores de 65 anos empadronados en Viveiro que son atendidos sen cita previa de 10:00 h a 13:00h)
    • Fe de vida e estado (agás os maiores de 65 anos empadronados en Viveiro que son atendidos sen cita previa de 10:00 h a 13:00h)
    • Xuras de nacionalidade
    • Recén nados
    • Outros expedientes
    Matrimonio
    Fe de vida e estado
    • A persoa solicitante deberá estar empadroada en Viveiro.
    • Deberá comparecer a persoa interesada provista do seu DNI no que conste o domicilio en Viveiro; se non consta, deberá presentar un certificado de empadroamento.
    • No caso de non poderse desprazar por motivos médicos, a persoa que faga a solicitude no seu nome deberá traer cuberto o formulario que se achega e un informe actual do médico de familia, ademais do seu DNI e o DNI do/da solicitante.

    *Os maiores de 65 anos empadroados en Viveiro poden acudir sen cita previa en horario de 10:00 h a 13:00 h.

    Nacementos
    Nome e apelidos
    Filiación
    Cambios rexistrais
    Nacionalidade
    Veciñanza civil

    Poderán solicitar o cambio da veciñanza común á veciñanza galega as persoas que acrediten que levan vivindo en Galicia más de dous anos. Para solicitala, deberán estar empadroadas no partido xudicial de Viveiro. A documentación precisan é a seguinte:

    • Certificado de nacemento actualizado.
    • Empadroamento actualizado dos dous últimos anos.
    • Orixinal e fotocopia do DNI.

    As persoas interesadas deberán acudir ao rexistro CO SEU DNI.

     
    TRÁMITES QUE NON PRECISAN CITA
    • Licencias de enterramento
    • Fes de vida e certificados: Os maiores de 65 anos empadroados en Viveiro poden acudir sen cita previa en horario de 10:00 h a 13:00 h.
    • Entrega do impreso de últimas vontades ou antecedentes penais.

    A PETICIÓN TELEMÁTICA DE CERTIFICADOS DEBERÁ REALIZARSE UNICAMENTE A TRAVÉS DA SEGUINTE PÁXINA: https://sede.mjusticia.gob.es/es/tramites/