COLEXIOS PROFESIONAIS

Queixas, denuncias e responsabilidade patrimonial

As queixas ou denuncias formuladas polos usuarios como consecuencia das actuacións dos profesionais encargados dos servizos colexiais de asistencia xurídica gratuíta, sen prexuízo daquelas actuacións xudiciais que resultaren procedentes, son trasladadas polas comisións de asistencia xurídica gratuíta aos colexios profesionais correspondentes ao seu ámbito territorial.

Os colexios estarán obrigados a comunicar ás citadas comisións as diferentes resolucións e medidas adoptadas como consecuencia dos expedientes disciplinarios que, se é o caso, fosen incoados.

No que afecta ao funcionamento dos servizos de asistencia xurídica gratuíta, os colexios de avogados e de procuradores estarán suxeitos aos mesmos principios de responsabilidade patrimonial establecidos para as Administracións públicas pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime jurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común.