Requisitos previos

"Entre os motivos para escusarse de actuar como xurado figuran o de ser maior de 65 anos de idade, ter feito funcións de xurado dentro dos 4 anos anteriores, ..."

Para formar parte dun tribunal do xurado existen os seguintes requisitos previos:

  • Ser español e maior de idade.
  • Saber ler e escribir.
  • Encontrarse en pleno exercicio dos dereitos políticos.
  • Ser veciño, no momento da designación, de calquera dos municipios da provincia onde se cometese o delito.
  • Non estar impedido física, psíquica ou sensorialmente para realizar a función do xurado.

Xunto a estes requisitos previos tamén existen os seguintes posibles motivos para escusarse de actuar como xurado:

  • Ser maior de 65 anos de idade.
  • Ter feito funcións de xurado dentro dos 4 anos anteriores.
  • Graves trastornos por motivo de cargas familiares.
  • Ter un traballo de relevante interese xeral cuxa substitución ocasionaría prexuízos importantes.
  • Residir no estranxeiro.
  • Ser militar profesional en activo se concorren razóns de servizo.
  • Outras causas que dificulten o desempeño do cargo por circunstancias persoais, profesionais, de cargo e parentesco.

Así mesmo a Lei do Tribunal do Xurado tamén determina causas de incompatibilidade, de incapacidade e de prohibición para ser xurado.