Preguntas frecuentes

As testemuñas interveñen principalmente nos procesos Civil e Penal, pero tamén é importante a súa intervención na xurisdición Social e Contenciosa-Administrativa.
Poderán ser testemuñas todas as persoas en xeral, coas seguintes particularidades:

  • Exceptúanse as persoas que estean privadas permanentemente da razón ou do uso dos sentidos, respecto dos feitos, dos que unicamente se poida ter coñecemento polos devanditos sentidos.
  • Os maiores de 14 anos terán capacidade para ser testemuñas, aínda que a súa declaración está suxeita a determinadas particularidades, pois non se lles esixe xuramento ou promesa de dicir a verdade, como ao resto das testemuñas.
  • Os menores de 14 anos, poderán ser testemuñas se o órgano xudicial estima que posúen o discernimento necesario para declarar verazmente sobre o que puideron coñecer.

As principais obrigas das testemuñas xudiciais son:

  • Comparecer no xuízo ou vista, baixo sanción de multa e apercibimento de proceder penalmente contra el por desobediencia á autoridade.
  • Prestar xuramento ou promesa de dicir a verdade, en caso de que se demostrase que a testemuña mentiu, incorrerá nun delito de falso testemuño.
  • Informar o tribunal sobre a súa relación de parentesco, afinidade, amizade ou inimizade cos litigantes, avogados ou procuradores; se ten interese directo ou indirecto no asunto e se foi condenado algunha vez por falso testemuño.
  • Declarar (salvo excepcións reguladas normativamente), limitándose a responder ás preguntas que se lle formulen, de forma clara e evitando as respostas evasivas.