Anuncios de poxas xudiciais

Segundo se establece na normativa vixente a convocatoria de poxas xudiciais será anuncada no Boletín Oficial do Estado. O letrado da Administración de Xustiza ante o que se siga o procedemento será o que ordene a publicación do anuncio da convocatoria da poxa co contido determinado na Lei de axuizamento civil de xeito electrónico ao Boletín Oficial do Estado.

Así mesmo, de xeito informativo, esta información publicarase tamén no Portal da Administración de Xustiza. Para unha localización máis sinxela poderase utilizar o buscador do Portal de Poxas Electrónicas na Axencia Estatal do Boletín Oficial do Estado.