Rehabilitación do antigo Hospital Xeral como nova Cidade da Xustiza de Vigo

A Cidade da Xustiza de Vigo xa é unha realidade. En 2016 convocouse o concurso de ideas para desenvolver a iniciativa de rehabilitación do antiguo Hospital Xeral coa intención de darlle uso a un edificio emblemático no centro de Vigo.

A proposta gañadora foi a do arquitecto Alfonso Penela. El foi o encargado de elaborar o proxecto de execución e levar a cabo a dirección de obra.

A Cidade da Xustiza unifica nun só espazo os órganos xudiciais da cidade. Acolle, nos seus 44 000 metros cadrados, 38 unidades xudiciais xunto coa Fiscalía de Área, as 2 seccións da Audiencia Provincial e a Subdirección do Instituto de Medicina Legal (Imelga). A maiores existen espazos dispoñibles para futuros crecementos do partido xudicial de Vigo. Contribuirá a dinamizar a cidade e concentrará nun único edificio do centro de Vigo toda a actividade xudicial.