Pericias forenses

O 1 de xaneiro de 2016 entrou en vigor o Real decreto 1148/2015, do 18 de decembro, polo que se regula a realización de pericias a solicitude de particulares polos Institutos de Medicina Legal e Ciencias Forenses, nas reclamacións extraxudiciais por feitos relativos á circulación de vehículos a motor. Esta norma pretende ofrecer un novo mecanismo aos cidadáns que permita unha solución rápida, segura e efectiva naqueles accidentes nos que se produza un dano corporal indemnizable.

Mediante Decreto 47/2016, do 21 de abril, a comunidade autónoma de Galicia, en virtude das súas competencias, fixa os prezos públicos das pericias efectuadas polo Instituto de Medicina Legal de Galicia a solicitude de particulares, nas reclamacións extraxudiciais por feitos relativos á circulación de vehículos de motor.

A solicitude poderá presentarse:  

  • a través dos medios electrónicos habilitados;
  • na sede do Instituto de Medicina Legal de Galicia en Santiago de Compostela ou nas súas subdireccións territoriais;
  • nos lugares previstos na lexislación do procedemento administrativo común das Administracións Públicas ou a través dos medios electrónicos habilitados.