Novas

A Xunta destinou no primeiro semestre máis de 4,5 millóns de euros para financiar a asistencia xurídica gratuíta
28/08/2020 12:27

A Xunta destinou no primeiro semestre máis de 4,5 millóns de euros para financiar a asistencia xurídica gratuíta

Nos seis primeiros meses do ano atendéronse máis de 22.500 asuntos

O Goberno galego adiantou o pago do primeiro trimestre deste ano aos profesionais do servizo ante as dificultades causadas pola covid-19 e compensou aos procuradores pola baixa actividade xudicial debido á pandemia

A Asistencia Xurídica Gratuíta está considerada pola Xunta como un servizo fundamental para garantir o acceso á xustiza de tódolos cidadáns en igualdade de condicións

25/08/2020 08:55

A Xunta pon en marcha o protocolo anti covid nos xulgados de Pontevedra tras detectarse dous casos positivos

A Dirección Xeral de Xustiza deu traslado da situación á autoridade sanitaria para a posta en marcha dos PCRs necesarios e á empresa adxudicataria do servizos de limpeza para a desinfección das zonas de traballo e uso común

31/07/2020 17:25

O xuíz instrutor do caso Alvia acorda requirir un novo informe ao perito xudicial encargado do exame do material rodante

 Quere que o experto aclare se os defectos denunciados “en caso de existir e non ter sido reparados, puideron ter algunha incidencia causal no accidente” ferroviario.

A Xunta achega os primeiros 80 millóns da liña de préstamos para que autónomos e pemes conten coa liquidez necesaria para facer fronte ás consecuencias provocadas pola emerxencia sanitaria
23/07/2020 16:06

A Xunta achega os primeiros 80 millóns da liña de préstamos para que autónomos e pemes conten coa liquidez necesaria para facer fronte ás consecuencias provocadas pola emerxencia sanitaria

Feijóo precisa que sete de cada dez corresponden a microempresas, superando os 40 millóns de euros

Por outra banda, salienta un investimento de preto dun millón de euros para reforzar a Administración de Xustiza ante a crise sanitaria, tras a redución da actividade xudicial durante o estado da alarma
 

A Xunta ubicará no mesmo edificio os catro xulgados do Social de Lugo unha vez que o Ministerio de Xustiza autorizou a posta en marcha da cuarta sala para finais deste ano
21/07/2020 14:04

A Xunta ubicará no mesmo edificio os catro xulgados do Social de Lugo unha vez que o Ministerio de Xustiza autorizou a posta en marcha da cuarta sala para finais deste ano

O vicepresidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, acompañado do Presidente da Audiencia Provincial de Lugo, do Fiscal Xefe provincial, da Xuíza Decana en funcións, da Secretaria Provincial Coordinadora, e do director xeral de Xustiza, visitou a Audiencia Provincial da capital lucense

Alfonso Rueda explicou que, para optimizar os espazos xudiciais, os 4 xulgados do Social estarán no edificio da rúa Armando Durán

A sede da Audiencia Provincial acollerá o xulgado de menores que será ubicado na última planta ao carón do Xulgado de Vixilancia Penitenciaria, onde será acondicionado un espazo cun orzamento de 75.000 euros

03/07/2020 13:14

A Xunta compensa aos procuradores da quenda de oficio pola paralización da actividade debido á crise sanitaria da covid-19

A contía que xa recibiu o Consello Galego dos Procuradores enmárcase no convenio asinado co Goberno galego para contribuír ao funcionamento da Asistencia Xurídica Gratuíta por parte destes profesionais

11/06/2020 14:09

Asinada hoxe a acta de replanteo das actuacións de mellora de eficiencia enerxética na Audiencia Provincial de Pontevedra

Os traballos inclúen a reparación e substitución de fiestras de madeira e a colocación de lámpadas de tecnoloxía LED e luminarias

Xunta e organizacións sindicais de xustiza asinan o acordo que establece o sistema de carreira profesional do persoal dos xulgados
10/06/2020 14:38

Xunta e organizacións sindicais de xustiza asinan o acordo que establece o sistema de carreira profesional do persoal dos xulgados

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, indicou que con esta sinatura a Xunta cumpre co último dos compromisos acadados coa finalización da folga no ano 2018

Incremento salarial, consolidación de prazas de persoal interino de reforzo, ampliación dos permisos de maternidade ou paternidade ou melloras nos xulgados de violencia de xénero, foron algunhas das melloras xa postas en marcha

O vicepresidente reúnese co arquitecto da Cidade da Xustiza de Vigo para avaliar as consecuencias da crise sanitaria na obra
09/06/2020 14:04

O vicepresidente reúnese co arquitecto da Cidade da Xustiza de Vigo para avaliar as consecuencias da crise sanitaria na obra

Mantense a previsión de ter rematados os principais traballos a finais de 2020, a pesar das dificultades engadidas causadas pola epidemia da covid-19

A Xunta manterá a súa colaboración  nos xulgados especializados de cláusulas chan que se prorrogan en Lugo e Ourense
03/06/2020 15:04

A Xunta manterá a súa colaboración nos xulgados especializados de cláusulas chan que se prorrogan en Lugo e Ourense

Na reunión, presidida polo presidente do Tribunal Supremo e do Consello Xeral do Poder Xudicial, Carlos Lesmes, participaron o secretario de Estado de Xustiza e os responsables das Comunidades Autónomas

No caso de Galicia, os xulgados de A Coruña e Vigo, o acordo sigue vixente ata o 31 de decembro de 2020

Na reunión acordouse a prórroga do plan por outros 6 meses máis ata finais de ano para os xulgados especializados de Lugo e Ourense