A Audiencia confirma a decisión do xuíz do Alvia de dirixir a investigación contra o exdirector de Seguridade de ADIF

A Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, desestimou os recursos de apelación presentados contra o auto do xuíz instrutor no que se acorda dirixir a investigación polo accidente do tren Alvia contra o director de Seguridade na Circulación de ADIF na data de posta en funcionamento da liña onde se produciu o sinistro. Os recursos de apelación foron presentados polo propio directivo investigado e ADIF.

O tribunal aprecia "indicios dunha actuación deficiente, por incompleta e parcial, na avaliación de riscos precisamente en canto ao perigo que cristalizou no accidente efectivamente ocorrido e, que por iso pode unirse causalmente ao resultado lesivo, o que xustifica a imputación realizada, que cumpre a función de lexitimar pasivamente ao responsable indiciario de tal actuación a efectos procesuais e de exercicio do dereito de defensa, necesaria para as eventuais indagacións que sobre tal cuestión proceda realizar e sen prexuízo do que poida resultar de ulteriores actuacións".

Fonte: Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

Documentos relacionados