Os xulgados galegos contan con todas as medidas de protección necesarias para garantir a completa seguridade en todos os xuízos previstos

Están instalados biombos de metacrilato nos locais onde é necesario, e foi repartido tamén diverso material de protección como máscaras e guantes ou de botes de xel hidroalcólico

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2020.- Todos os xulgados galegos contan con todas as medidas de protección necesarias para garantir unha completa seguridade en materia sanitaria fronte á covid-19 en todos os xuízos previstos, tanto para o persoal da Administración de Xustiza como para os usuarios.

Están instalados biombos de metacrilato nos locais onde é necesario, e foi repartido tamén diverso material de protección como máscaras e guantes ou de botes de xel hidroalcólico.

No caso concreto da sección quinta da Audiencia en Vigo, procedese da mesma maneira. Naqueles xuízos que conten con xurado popular, serán instaladas mamparas de metacrilato dado que polas características da sala non é posible manter a distancia de seguridade de 1,5 m. entre cada un dos 9 titulares e os 2 suplentes que conforman o xurado.

Polo que ao longo deste mes, dado que o primeiro xuízo con xurado popular está sinalado para mediados de outubro, procederase a colocar ditas mamparas de separación na sala onde está previsto o xuízo.

[Fonte: Xunta de Galicia]