A Xunta pon en valor a investigación sobre os entes públicos galegos na XXI edición dos premios Manuel Colmeiro

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, entregou a distinción ó doutor en Dereito Alejandro Antelo Martínez

O traballo premiado xira entorno o marco xurídico relativo a festas populares despois da aprobación da Lei de espectáculos públicos e actividades de Galicia

A directora da EGAP destacou o compromiso da Escola co labor investigador ao entendelo como un dos principais impulsores do progreso do noso país

Santiago, 9 de maio de 2019.- O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, entregou este xoves o premio Manuel Colmeiro ó doutor en Dereito Alejandro Ramón Antelo Martínez. O traballo de investigación que se recoñece leva por titulo Las verbenas populares en Galicia: régimen de intervención municipal, unha publicación que para o vicepresidente propón ideas e adxunta avances concretos dos que pode beneficiarse a sociedade galega.

O traballo de Antelo Martínez aborda, entre outros, o marco normativo das verbenas, ou a aproximación ao propio concepto, de tan ampla tradición nesta terra como é Galicia. Alfonso Rueda destacou a importancia social e económica das verbenas galegas, e como por elo, a Xunta de Galicia ten unha regulación específica para elas: a lei de espectáculos públicos y actividades recreativas. Trátase da primeira norma autonómica con rango legal que establece unha regulación xenérica, actualizada e de carácter global desta materia e enche o baleiro normativo autonómico que existía ata dita norma. Por elo o vicepresidente da Xunta destacou a importante valía de este documento premiado para toda a sociedade o tratar un tema de tal calado.

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, quixo agradecer en varias ocasións a dedicación de Antelo Martínez xa que traballos como o que este xoves distinguiuse, supoñen un reforzo para a cidadanía e a propia norma. Estamos a falar de actividades que teñen un inmediato eco na cidadanía, polo que a Xunta de Galicia contou coa Federación Galega de Municipios e Provincias para a elaboración da norma. O vicepresidente quixo agradecer os traballadores da Administración Local, como é Antelo Martínez, o seu rigor e profesionalidade.

Ao acto de entrega asistiron tamén José María Gómez y Díaz Castroverde, presidente do xurado, e Sonia Rodríguez-Campos, directora da EGAP. Esta última, durante a súa intervención, destacou a importancia deste premio que pretende ser un estímulo para todas aquelas persoas que dedican a súa carreira profesional ao estudo rigoroso e sistemático do sector público galego. Ademais, lembrou o compromiso da Escola co labor investigador ao entendelo como un dos principais impulsores do progreso do noso país, non só pola súa contribución directa ao coñecemento, senón tamén polo seu impulso ao crecemento económico.

A XXII edición do Premio Manuel Colmeiro

O pasado 29 de xaneiro foi convocada unha nova edición do Premio Manuel Colmeiro, un galardón creado no ano 1992 co gallo de fomentar e distinguir a investigación sobre as administracións e os entes do sector público de Galicia desde calquera perspectiva de estudo. A convocatoria, que conta cunha dotación de 3.500 euros, está aberta a persoas individuais ou grupos de traballo de calquera nacionalidade dos Estados membros da Unión Europea. A data límite de entrega de traballos será o 15 de outubro.

[Fonte: Xunta de Galicia]