A Xunta reúnese con representantes da asociación de 'Juezas y Jueces para la Democracia'

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2019.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado polo director xeral de Xustiza, Juan José Martín, reuniuse hoxe cos representantes da asociación Juezas y Jueces para la Democracia, Carlos Suárez-Mira e Teresa Conde-Pumpido, que acudiron a presentar os detalles e contidos do 34º Congreso nacional da entidade. O evento terá lugar na Coruña os días 12, 13 e 14 de xuño do presente ano.

A asociación Juezas y Jueces para la Democracia ten, entre os seus fins, o de contribuír á promoción das condicións que fagan efectivos os valores de liberdade, xustiza, igualdade recollidos na Constitución, uns obxectivos cos que o Goberno galego tamén mostrou o seu firme compromiso.

[Fonte: Xunta de Galicia]