A Xunta asiste en Betanzos á presentación dun proxecto de asistencia con cans de terapia a menores vítimas de violencia de xénero

Betanzos (Coruña), 1 de marzo de 2019.- O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, achegouse hoxe ata os xulgados de Betanzos para coñecer de primeira man o proxecto piloto de asistencia con cans de terapia a menores -fundamentalmente vítimas de violencia de xénero- que teñen que pasar por trámites xudiciais, impulsado pola Fundación María José Jove. No día de hoxe, os cans achegáronse ata as instalacións xudiciais para familiarizarse con elas.

No acto tamén participaron a presidenta da Fundación María José Jove, Felipa Jove, o xuíz decano, Roberto Barba, e a responsable do Centro de Información á Muller de Curtis, Natalia Vázquez.

[Fonte: Xunta de Galicia]