A Xunta ten posto desde o mes de xullo dúas prolongacións de xornada nos xulgados de Vilagarcía de Arousa

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2018.- A Xunta ten posto dúas prolongacións de xornada nos xulgados de Vilagarcía de Arousa, concretamente no Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 1 ante a situación de pendencia detectada na orde penal.

Unha vez que o servizo de inspección do Consello Xeral do Poder Xudicial comunicou ao Goberno galego a situación de pendencia que tiña o xulgado, a Dirección Xeral de Xustiza, en consenso coa responsable do Xulgado e co Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, acordou reforzar este Xulgado con dúas prolongacións de xornada que reforzaba dita sección penal con persoal acreditado con experiencia neste orde xurisdicional.
 

[Fonte: Xunta de Galicia]