A Policía Autonómica e axentes forestais esclarecen un incendio forestal no concello de Muros

No que vai de ano, son 9 os investigados pola Policía Autonómica por delitos relacionados con lumes nos montes galegos

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2018- Axentes da Policía Autonómica informaron hoxe do esclarecemento dun incendio forestal no concello de Muros.

Os axentes do grupo de Incendios da Policía Autonómica de Santiago de Compostela, procederon á detención dunha persoa como presunta autora dun incendio forestal ocorrido o 25 de febreiro na parroquia de Torea, no concello de Muros, que afectou a unha superficie aproximada dunhas 0,69 ha de arborado.

O lume iniciouse polos traballos de limpeza levados a cabo polo presunto autor dos feitos quen lle puxo lume para a súa eliminación tanto aos restos amoreados, como ao matogueira sen cortar e sen adoptar as medidas de seguridade. Contouse coa colaboración do persoal do Distrito Forestal V (Fisterra).

Polos feitos instruíronse Dilixencias remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución en funcións de garda de Muros (A Coruña). No que vai de ano son 9 as persoas detidas ou investigadas pola Policía Autonómica como presuntos autores de incendios forestais.

[Fonte: Xunta de Galicia]