A Policía Autonómica detén un home en Ourense por un suposto delito de violencia de xénero

Actualmente a Policía Autonómica ten asignada a protección dun total de 219 vítimas de Violencia de Xénero

A detención produciuse cando a vítima chamou por teléfono ao axente da Policía Autonómica encargado da súa protección

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2017.- Axentes da Policía Autonómica de Ourense Coruña informaron hoxe da detención dun home en relación de un delito de violencia de xénero contra a súa parella.

Por parte de Axentes do Grupo de VIOXEN da Policía Autonómica de Ourense, procederon a detención dun varón de 40 anos de idade, por incumprir unha condena que lle prohibía comunicarse e aproximarse a súa parella da cal tiña unha orde de alonxamento.

A detención produciuse cando a vítima chamou por teléfono ao Policía encargado da súa protección, informando de que a súa ex parella estaba comunicándose con ela decindolle que tiña que ir a recoller uns enseres personais. Deseguido estableceuse un dispositivo para a localización do mesmo, sendo interceptado nas inmediacións do domicilio da vítima, procedendo de inmediato a súa detención.

Este home xa fora condeado a 6 meses de prisión por outro quebrantamento no mes de maio, quedando en suspenso o cumprimento da pena a condición de que non se achegara a ex parella durante 3 anos, entre outras medidas.

Foron tramitadas dilixencias na Comisaria Provincial da Policía Nacional de Ourense. Actualmente a Policía Autonómica ten asignada a protección dun total de 219 vítimas de Violencia de Xénero.

[Fonte: Xunta de Galicia]