O xuíz cita como investigadas a catro novas persoas

O xuíz que instrúe a causa polo accidente do tren Alvia ocorrido en xullo de 2013 en Angrois (Santiago) decidiu investigar ao director de seguridade na circulación de Renfe no momento dos feitos pola súa implicación na avaliación de riscos da liña na que se produciu o sinistro. Ademais, citou na mesma calidade de investigados, para "garantir o lexítimo dereito de defensa", a tres técnicos da consultora Ineco (con accionariado de Enaire, Adif e Renfe) que realizaron un informe de avaliación sobre a liña de alta velocidade que conecta Ourense coa capital galega.

Fonte: Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Documentos relacionados