A Xunta colabora no III Congreso Iberoamericano de Xustiza Terapéutica, que se celebrará na EGAP o 20 e 21 de xuño

Os vindeiros 20 e 21 de xuño, a Escola Galega de Administración Pública acollerá o III Congreso Iberoamericano de Xustiza Terapéutica, cuxas anteriores edicións tiveron lugar en Pontevedra e a cidade mexicana de Puebla.

O evento está organizado pola Asociación Iberoamericana de Xustiza Terapéutica e conta coa participación da Xunta de Galicia e as Universidades de Vigo e Santiago de Compostela, entre outras institucións e entidades.

Documentos relacionados