O CGPJ prorroga as medidas de reforzo ao Xulgado de Santiago que instrúe o “caso Alvia”

O Xulgado de Instrución número 3 de Santiago de Compostela contará con una juez de refuerzo durante otros seis meses

A Comisión Permanente do Consello Xeral do Poder Xudicial acordou prorrogar por seis meses as medidas de reforzo coas que contaba o Xulgado de Instrución número 3 de Santiago de Compostela, no que se instrúe a causa aberta polo accidente ferroviario dun tren Alvia ocorrido o pasado 24 de xullo.

Na súa reunión de onte, a Permanente aprobou a proposta cursada o pasado 10 de xaneiro pola Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para que se renovasen, por igual período e nas mesmas condicións, as medidas de reforzo que xa estaban en marcha.

Para atender o incremento de traballo do Xulgado derivado da instrución da citada causa, prorrogouse a adscrición permanente dunha xuíz substituta a ese órgano.

Ademais, pediuse ao Ministerio de Xustiza que se prorrogue o nomeamento dun secretario xudicial en comisión de servizo e á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia que renove o de cinco funcionarios.

[Fonte: Tribunal Superior de Xustiza de Galicia]