Renfe faise cargo dos restos do tren sinistrado

O Xulgado de Instrución nº 3 de Santiago ditou hoxe unha providencia na que acorda que "ante a imposibilidade por razóns de servizo de que a Policía Nacional poida continuar co servizo de custodia dos restos do tren accidentado, e verificado xa o recoñecemento dos mesmos polos peritos actuantes na presente causa", que os mecionados restos queden "en depósito á operadora Renfe coa imposición de mantemento dun servizo de vixilancia e imposibilidade de traslado ata nova decisión".

[Fonte: Tribunal Superior de Xustiza de Galicia]