Pasa a disposición xudicial o maquinista do tren sinistrado

O maquinista do tren sinistrado en Santiago pasou hoxe ás 19.00 horas a disposición xudicial. En primeiro lugar realizouse en dependencias xudiciais unha dilixencia relacionada co seu móbil. Tras a entrega do atestado policial ao fiscal e aos avogados presentes, F.J.G.A. prestou declaración durante preto de dúas horas. A F.J.G.A. impútanselle 79 delitos de homicidio e unha pluralidade de delitos de lesións, todo eles cometidos por imprudencia profesional.

Ningunha das partes solicitou a prisión do imputado ao non aprecirse risco de fuga nin de destrución de probas, tal e como se recolle nos artigos 502 e 503 da Lei de Enxuzamento Criminal. Están persoados na causa Renfe, Adif e dúas compañías aseguradoras. O xuíz acordou a liberdade provisional sen fianza do imputado. F.J.G.A. terá que comparecer semanalmente no xulgado que se designe, prohibíuselle saír do territorio nacional sen autorización xudicial durante seis meses e intervir de forma cautelar a licenza profesional para a condución de ferrocarrís por igual prazo.

En relación á muller falecida hoxe no hospital, trátase dunha muller de nacionalidade norteamericana.

[Fonte: Tribunal Superior de Xustiza de Galicia]