O xuíz require nova documentación a ADIF na instrución do tren sinistrado en Santiago

O xulgado de Instrución nº3 de Santiago notificou hoxe un auto no que se acorda requirir a ADIF que achegue ao xulgado diversa documentación.

Neste mesmo auto, rexeitase chamar, en calidade de testemuñas, nestes momentos, a dous cargos de ADIF que previamente foran chamados en calidade de imputados, sen que chegasen a prestar declaración como tal ao ser desautorizadas estas imputacións pola Audiencia "pero sen descartalas definitivamente".

Por isto, entende o xuíz que a chamada destas persoas neste momento, en calidade de testemuñas, pode resultar "prematura e contradictoria coa necesaria liberdade que se lle recoñecerá nas declaracións que ofreza e emita quen poida ser imputado".

[Fonte: Tribunal Superior de Xustiza de Galicia]