Como participar en videoconferencias cos Xulgados de Galicia

En actuacións xudiciais nas que un ou varios intervenientes non se atopen presentes na sala no momento da celebración, estes poderán participar a través de videoconferencia.

A continuación dispón de información sobre como conectarse a unha videoconferencia:

  • Se intervén en calidade de profesional.
  • Se vostede se atopa en situación de internamento nun centro de maiores, centro hospitalario ou domiciliario.
"Para conseguir unha boa experiencia no momento previo e durante a celebración da videoconferencia, consulte o Decálogo de boas prácticas e recomendacións."

A) Profesionais

Nas actuacións xudiciais a través de videoconferencia, os/as profesionais acceden ao acto a través da ligazón web que é comunicada polo órgano.

Para utilizar esta ligazón web pódese empregar un ordenador, o móbil ou a tablet, sempre que se dispoña de boa conexión a internet e dos medios audiovisuais necesarios: cámara, micrófono e altofalantes.

O órgano envíalle por correo electrónico unha ligazón para entrar na videoconferencia. Dependendo do sistema no que se organice, vai recibir un tipo ou outro de ligazón, pero sempre ten que recibir unha para poder participar.

No correo que vai recibir do órgano, xunto coa ligazón de participación, nalgúns casos vai recibir tamén as claves da reunión: o número e o contrasinal que ten que utilizar no acceso, ou a petición de rexistro para participar nela. Vexa como utilizar estes datos nos seguintes apartados:

  • No caso de que o órgano utilice Cisco Meeting a ligazón comezará así:
    https://join.videoconferencia.xunta.gal/invited...........
    Consulte aquí a guía de acceso e utilización de Cisco Meeting.
  • No caso de que o órgano utilice Cisco Webex a ligazón comezará así:
    https://xustiza.webex.com/meet/........................
    Consulte aquí a guía de rexistro, acceso e utilización de Cisco Webex.

Faga clic na ligazón ou corte e pegue nalgún dos navegadores web recomendados (Edge, Chrome ou Firefox). Se accede por primeira vez ao sistema, é posible que o navegador solicite permisos para poder acceder ao seu micro e cámara web. Acepte a solicitude e faga a proba que lle ofrece para verificar o seu vídeo e audio. Se non desexa descargar a aplicación para conectarse desde web, cancele a pantalla emerxente e seleccione "Únase desde él navegador".

 

 

Tamén pode conectarse á videoconferencia desde a aplicación, a cal terá que descargar previamente no seu ordenador, móbil ou tablet. Cando vaia a empregar a aplicación para conectarse á videoconferencia, é importante que utilice a axeitada, tendo en conta a ligazón que enviou o órgano.

No caso de que utilce o móbil ou a tablet, pode descargar a aplicación desde o centro de descarga de aplicacións do seu dispositivo, realizando o mismo proceso que cando descarga calquera outra aplicación.

 

B) Internamentos en centros de maiores, centros hospitalarios e domiciliarios

As persoas que se atopan en situación de internamento en centros de maiores, centros hospitalarios ou domiciliarios baixo tutela e/ou responsabilidade dunha entidade pública ou privada, poden participar en comparecencias nos órganos xudiciais a través de videoconferencia sen necesidade de trasladarse fisicamente ao xulgado.

Está aprobado pola Sala de Goberno do TSXG o protocolo de participación telemática nos actos xudiciais para a relación coas residencias e centros de maiores. Tamén está dispoñible unha guía rápida que pode descargar aquí e unha folla de divulgación que pode consultar sempre que o precise.

O proceso para conectarse á videoconferencia é o mesmo que o que realizan os profesionais, publicado nesta páxina.

Algunhas recomendacións a ter en conta:

  • É importante que considere e valore as necesidades de audición e visión.
  • Asegúrese de que o tamaño da pantalla e o volume do son son os idóneos.
  • No caso de ter que usar móbil ou tabet, recoméndase empregar pantallas grandes e dispositivos actualizados.
  • Procure que o espazo no que se vai a establecer a conexión permita a privacidade e o illamento do ruído e das interrupcións.