Comunicación da Dirección Xeral de Xustiza sobre os partes IT

3/4/2020 - Debido á actual situación de estado de alarma, e mentres este continúe, as baixas por incapacidade temporal e as súas prórrogas deberán enviarse, ou ben escaneadas ou ben mediante foto, por correo electrónico ao servizo de Xustiza correspondente. Todo isto sen prexuízo da súa presentación posterior cando, por razón xustificadas, non fose posible obter o parte.

Una vez tramitadas, remitirase o correspondente acordo de autorización ao correo electrónico que indique o/a funcionario/a.