Fin da aplicación do disposto na D.A. 5ª Real Decreto Lei 13/2020

22/06/2020 - A partir do día 21/06/2020 retómase a xestión por parte de Mugeju das situacións de incapacidade temporal que acadaron o día 181 durante a vixencia do Estado de Alarma, polo que deixa de ser de aplicación o establecido na D.A. 5ª.1.b) do Real Decreto-lei 13/2020, do 7 de abril, polo que se adoptan determinadas medidas urxentes en materia de emprego agrario.

A estes efectos, recórdaselles aos/ás mutualistas que aínda non o fixeron, que deben presentar a solicitude do subsidio de incapacidade temporal na Mutualidade.