O CGPJ inclúe a expedición de certificados de fe de vida entre os servizos esenciais dos Rexistros Civís

04/05/2020 - A Comisión Permanente do Consello Xeral do Poder Xudicial acordou hoxe ampliar o acordo do 13 de marzo de 2020 polo que se estableceron os servizos esenciais da Administración de Xustiza durante a vixencia do estado de alarma declarado como consecuencia da pandemia de coronavirus  COVID-19 para incluír a expedición de certificados de fe de vida entre as actuacións que deberán atender os Rexistros Civís.

Deste xeito, o parágrafo que se refire a estes órganos sinala que “o Rexistro Civil prestará atención permanente durante as horas de audiencia. En particular, deberán asegurar a expedición de licenzas de enterramento e certificados de fe de vida, as inscricións de nacemento en prazo  perentorio e a celebración de matrimonios do artigo 52 do Código Civil".

Os certificados de fe de vida son necesarios para manter a percepción dunha pensión en determinados supostos e tamén nalgúns casos para acceder ao denominado “bono social”, o desconto na factura eléctrica fixado polo Goberno e destinado aos colectivos de consumidores económica ou socialmente máis vulnerables.​