Xuíces de paz

Todo xuíz de paz ten, entre outras, as seguintes funcións:

  • En materia civil, tramitar, celebrar e ditar sentenzas en reclamación de cantidades inferiores a 90,15 euros así como a execución destas resolucións.
  • En materia de rexistro civil, celebrar vodas, inscribir nacementos e defuncións e tramitar os correspondentes expedientes de fe de vida.
  • En materia penal, tramitar, celebrar e ditar sentenzas en xuízos de faltas por feitos de pequena gravidade que acontecesen no termo municipal da súa xurisdición, como insultos, ameazas, vexacións, actos incívicos contra bens públicos...
  • En materia de auxilio xudicial, realizar de actos de comunicación requiridos por outros órganos xudiciais.
  • En materia de conciliación é competente para a realización dos actos de conciliación que se celebren no termo municipal da súa xurisdición.

Así mesmo, teñen competencias no labor de atención á cidadanía e intervención pola vía pacificadora extraxudicial en múltiples problemas dos cidadáns do seu termo municipal.

En todos os municipios onde non existe un xulgado de Primeira Instancia se encontra un xulgado de Paz como órgano de representación da Administración de xustiza.

Á cabeza do xulgado de paz e representando á Administración de xustiza nese municipio, encóntrase o xuíz de paz que é un xuíz lego, non profesional, que leva a cabo funcións xurisdicionais en todo o municipio e que integran o Poder Xudicial durante o tempo que está a desempeñar este cargo.

Posto que se trata dun xuíz leigo, non profesional, pode ser xuíz de paz calquera persoa que cumpra os seguintes requisitos:

  • Ser cidadán español.
  • Ser maior de idade.
  • Non ter causa de incapacidade ou de incompatibilidade para desempeñar funcións xudiciais, aínda que pode ter a súa propia actividade profesional ou mercantil e non é necesario que dispoña do título de licenciado en Dereito.
  • Ser nomeado seguindo o procedemento establecido legalmente.