Preferentes e subordinadas

Unha vez que o colexio de avogados reciba e examine a solicitude -e tra seren saneadas as deficiencias observadas, se fose o caso-, procederá a designación provisional de letrado, daralle comunicación ao colexio de procuradores para que procedan á designación dun procurador, no caso de que a súa intervención sexa legalmente preceptiva, e dará traslado da solicitude á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta.

A comisión, logo de recibir a solicitude, fará as comprobacións oportunas e solicitará a información que estime necesaria para valorar a situación económica da persoa solicitante, e finalmente ditará resolución concedendo ou denegando o recoñecemento do dereito.

O recoñecemento do dereito implicará a confirmación das designacións de avogado/a e de procurador/a efectuadas polos colexios profesionais. 

Se a comisión denegase o dito recoñecemento, as designacións que eventualmente realizasen quedarán sen efecto e o peticionario deberá aboar os honorarios e dereitos económicos ocasionados pola intervención dos profesionais designados con carácter provisional.

Poderán recorrer a concesión ou denegación do dereito á asistencia xurídica gratuíta de modo definitivo todas aquelas persoas que teñan un interese lexítimo.

No ámbito civil existe a posibilidade de utilizar, en función da contía da reclamación, o xuízo verbal (ata 6.000 euros) ou o procedemento ordinario (máis de 6.000 euros).

A persoa que pretenda obter o recoñecemento do dereito á asistencia xurídica gratuíta deberá dirixirse ao colexio de avogados do lugar no que se atope o xulgado ou tribunal que haberá de coñecer do proceso principal para aquel que se solicita ou perante o xulgado do seu domicilio, onde lle facilitarán o modelo oficial de solicitude.

No colexio auxiliarano tamén para cubrir a solicitude e indicaranlle os documentos que debe presentar, podendo optar por asinar un consentimento expreso para que sexa o colexio quen solicite os certificados telemáticos que deben acompañar a solicitude.

Ademais da taxa correspondente, a vía xudicial inclúe as custas do proceso.

As custas comprenden uns gastos por acudir aos tribunais e están recolleitas no artigo 241 da Lei de axuizamento civil (LAC). Sen prexuízo do pagamento da taxa xudicial, a súa parte mais relevante está constituída basicamente por dous conceptos:

  • Os honorarios do avogado/a.
  • Os dereitos arancelarios do/a procurador/a.

Cando a reclamación sexa de máis de 2.000 euros é necesaria a intervención de avogado/a e procurador/a. Dito con outras palabras, só pode acudir sen eses profesionais ao xuízo verbal, e sempre que a reclamación non supere os 2.000 euros.

Taxa xudicial

A taxa xudicial está obrigado a pagala quen promova o exercicio da potestade  xurisdicional e realice o feito impoñible desta.

Por outra banda, hai dous supostos nos que pode haber unha devolución de parte da taxa. Así:

  • Se a persoa demandada se achanta totalmente á demanda ou se alcanzase un acordo que poña fin ao litixio, a devolución será do 60% de o importe da taxa.
  • Se hai unha acumulación de procedementos, a devolución será do 20%.

No caso de que o/a xuíz acolla totalmente a demanda e lle impoña as custas procesuais á parte demandada, esta estará obrigada a pagarlle o importe da taxa xudicial (artigo 241 da LAC).

Gastos e custas procesuais


Cada parte debe pagar os gastos que se ocasionen pola súa actividade, e o tribunal, na sentenza, decide sobre a imposición das custas procesuais.

  • Para gastos de carácter xeral, poden darse tres supostos:
    • Sentenza na que se acolla totalmente a demanda. Impóñense as custas ao demandado. Estará obrigado/a a satisfacerlle o honorarios do/a procurador/a e os do/a avogado/a, estes limitados a 1/3 da contía. O tribunal pode non facer imposición de custas, tendo en conta as dúbidas de feito ou de dereito que presentaba o caso.
    • Sentenza desestimando totalmente a demanda. Impóñenselle as custas ao demandante. Neste caso estaría obrigado ao pagamento dos honorarios do/a procurador/a e do/a avogado/a da entidade bancaria, agás que o tribunal aprecie dubidas de feito ou de dereito.
    • Sentenza estimando parcialmente a demanda. No caso de que o tribunal estime unha parte da reclamación, non se fará imposición de custas. Cada parte paga as causadas pola súa instancia.
  • Para o caso de beneficiario da xustiza gratuíta. Aínda que se litigue co dereito á xustiza gratuíta, pode ter que facer fronte ás custas do proceso (art. 36 da Lei de asistencia xurídica gratuíta [LAXG]). Pódense dar os seguintes supostos (art. 36 da LAXG): 
    • Gaña o/a demandante con imposición de custas á entidade demandada. Se na sentenza que poña fin ao proceso houbera pronunciamento sobre custas, a favor de quen obtivo o recoñecemento do dereito á asistencia xurídica gratuíta ou de quen a tivera legalmente recoñecida, deberá a parte contraria pagar as custas causadas na defensa daquela (art. 36.1).
    • Sentenza na que se rexeita a demanda e na que se lle impoñen as custas ao/á demandante que litigou con xustiza gratuíta. Estará obrigado/a ao pagamento das custas causadas na súa defensa (avogado/a e procurador/a designado de oficio) e as da parte contraria, se dentro dos tres anos seguintes aos da terminación do procedemento viñera a mellor fortuna (artigo 36.2).
    • Sentenza sen imposición de custas a ningunha das partes pero con acollemento total ou parcial. Cando a sentenza que poña fin ao proceso non conteña expreso pronunciamento respecto das custas, e venza no preito o beneficiario da xustiza gratuíta, deberá este pagar as custas causadas na súa defensa, sempre que non excedan da terceira parte do que nel obtivera. Se excedesen, reducirase ao que importe a devandita terceira parte, atendéndose a pro rata as súas diversas partidas (artigo 36.3).

 

O artigo 3 da Lei 1/1996, do 10 de xaneiro, de asistencia xurídica gratuíta, establece nos seguintes termos os requisitos básicos para a obtención do dereito:

Recoñecerase o dereito de asistencia xurídica gratuíta a aquelas persoas físicas que, carecendo de patrimonio suficiente, conten cuns recursos e ingresos económicos brutos, computados anualmente por todos os conceptos e por unidade familiar, que non superen os seguintes limiares:

  • Dúas veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) vixente no momento de efectuar a solicitude, cando se trate de persoas non integradas en ningunha unidade familiar (1 persoa - 2 IPREM: 12.780,26 euros)
  • Dúas veces e media o indicador público de renda de efectos múltiples vixente no momento de efectuar a solicitude, cando se trate de persoas integradas nalgunha das modalidades de unidade familiar con menos de catro membros (2-3 persoas - 2,5 IPREM: 15.975,33 euros)
  • O triplo do dito indicador, cando se trate de unidades familiares integradas por catro ou máis membros (4 ou máis persoas - 3 IPREM: 19.170,39 euros)

E o artigo 4 da dita Lei 1/1996 establece a exclusión por motivos económicos:

  1. Para os efectos de comprobar a insuficiencia de recursos para litigar terase en conta, ademais das rendas e outros bens patrimoniais ou circunstancias que declare o solicitante, os signos externos que manifesten a súa real capacidade económica, negándose o dereito á asistencia xurídica gratuíta se os ditos signos, desmentindo a declaración do solicitante, revelan con evidencia que este dispón de medios económicos que superan o límite fixado pola lei.
  2. Para valorar a existencia de patrimonio suficiente terase en conta a titularidade de bens inmobles sempre que non constitúan a vivenda habitual da persoa solicitante, así como os rendementos do capital mobiliario.

    En relación co capital mobiliario, cómpre dicir que se este se refire a preferentes ou subordinadas, non se terá en conta, xa que neste caso non está a producir ningún xuro, e ademais incluso se está en risco de perda do capital.

    A solicitude para o recoñecemento do dereito a litigar con xustiza gratuíta poderá presentala no colexio de avogados ou no xulgado da súa localidade, que a chegará ao colexio de avogados que é o competente para a súa tramitación.

    Pode acudir ao colexio de avogados que corresponda á súa localidade para pedir información e asesoramento nos servizos de orientación xurídica.

Para poder formalizar unha demanda debe aboar de forma previa unha taxa xudicial á Facenda estatal, nos seguintes termos:  

Tipo de formalización Taxa xudicial
Xuízo verbal ata 2.000 eurosExento
Xuízo verbal de máis de 2.000 euros150 euros + 0,10% da cantidade reclamada
Xuízo ordinario300 euros + 0,10% da cantidade reclamada
Recurso de apelación800 euros + 0,10% da cantidade reclamada