Presentación de demandas por investimentos en produtos financeiros: preferentes e subordinadas

Introdución

Cando un cidadán decide efectuar unha reclamación xudicial de cantidade nos supostos de subscrición de preferentes ou subordinadas, o noso sistema xurídico esixe que se realice coa asistencia dun avogado/a e baixo a representación dun procurador/a cando a cantidade sexa superior aos 2.000 euros. Estes serán de libre elección se o demandante non ten dereito a litigar gratuitamente. Se, pola contra, ten dereito a este beneficio, deberá solicitar que se lle recoñeza o referido beneficio, e neste caso o avogado e procurador asignaráselle por unha quenda preestablecida.

Neste apartado pódese atopar información acerca do tipo de procedemento xudicial a seguir dependo da contía, así como dos requisitos para o acceso a xustiza gratuíta entre outras cousas. Facilítase ademais o acceso aos formularios relacionados con este tipo de procedemento.

O Consello Xeral do Poder Xudicial acordou constituír un xulgado de reforzo dos xulgados de 1ª instancia nas cidades da Coruña e Vigo, que se dedicarán preferentemente ao coñecemento deste tipo de demandas.

Contactos

Enderezos dos xulgados de reforzo da Coruña e Vigo:

  1. Xulgado de reforzo de 1ª Instancia da Coruña
    (Anexo Audiencia Provincial da Coruña)
    Rúa Capitán Juan Varela s/n
    15071 - A Coruña
    Teléfono: 881 881 688 e 881 881 689
    Fax: 881 881 690
  2. Xulgado de reforzo de 1ª Instancia de Vigo
    Travesía da rúa da Coruña, 2, 1º local A
    36208 - Vigo
    Teléfono: 886 218 430
    Fax: 886 218 432

Enderezos dos SOXs (Servizos de Orientación Xurídica) dos sete colexios de avogados/as de Galicia:

  1. A Coruña
    • Servizo de Orientación Xurídica - Colexio de Avogados da Coruña
      Rúa Monforte, s/n, 4º– Edificio Xulgados
      15007 - A Coruña
      Teléfono: 981 185 179
  2. Ferrol
    • Servizo de Orientación Xurídica da Coruña - Colexio de Avogados de Ferrol
      Pazo de Xustiza
      Rúa da Coruña, s/n
      15401 - Ferrol
      Teléfono: 981 359 236
  3. Santiago de Compostela
    • Rúa de Eduardo Pondal, 4, baixo
      15702 - Santiago de Compostela
      Teléfono: 981 581 713
  4. Lugo
    • Servizo de Orientación Xurídica - Colexio de Avogados de Lugo
      Rúa de Pascual Veiga, 2
      27002 - Lugo
      Teléfono: 982 241 007
  5. Ourense
    • Servizo de Orientación Xurídica - Colexio de Avogados de Ourense
      Rúa do Concello, 22
      32003 - Ourense
      Teléfono: 988 210 076
  6. Pontevedra
    • Servizo de Orientación Xurídica - Colexio de Avogados de Pontevedra
      Rúa de Rosalía de Castro, 5
      Edificio da Audiencia de Pontevedra
      36001 - Pontevedra
      Teléfono: 986 896 866
  7. Vigo
    • Servizo de Orientación Xurídica - Colexio de Avogados de Vigo
      Rúa Lalín,  4 - Edificio dos Xulgados
      36209 - Vigo
      Teléfono: 986 234 652