PARTICIPACIÓN NO TRIBUNAL DO XURADO

Deliberación

A deliberación comeza coa impartición de instrucións aos membros do xurado por parte do presidente, en audiencia pública, sobre as regras que rexen a deliberación e votación e a forma en que deben reflectir o veredicto.

Tamén se entregará aos xurados o escrito obxecto de veredicto que contén información sobre natureza dos feitos sobre os que versase a discusión, a ilicitude ou nulidade de medios probatorios, as circunstancias constitutivas do delito imputado aos acusados e as circunstancias de exención ou modificación da responsabilidade.

Seguidamente, o xurado retirarase á sala destinada para a deliberación onde elixirán o voceiro do xurado popular. A deliberación será secreta e a porta pechada, sen que ningún dos xurados poida revelar o manifestado nela e non teñen permitida a comunicación con ningunha persoa ata que emitan o veredicto.

A deliberación finaliza coa votación sobre se se estiman probados ou non os feitos xulgados e sobre a culpabilidade ou inculpabilidade do acusado ou acusados por cada delito imputado. Para iso, a votación será sempre nominal, en voz alta e por orde alfabética, votando en último lugar o voceiro. Ningún xurado poderá absterse de votar.