Nunha substitución é posible presentar escritos e documentos, trasladar copias e recibir actos de comunicación en substitución dun profesional do mesmo corpo, cando así o prevén as súas normas estatutarias.
Nunha autorización de persoal é posible presentar escritos e realizar actos de comunicación en nome doutro profesional a través da súa propia caixa de correo. Os profesionais autorizados deben acceder co seu certificado persoal, pero os escritos e documentos a enviar deben estar asinados polo titular da caixa de correo, posto que, a todos os efectos, serán presentados no seu nome.
Os distintos documentos que achegue á presentación deberían de ser escaneados de xeito separado, en branco e negro e cunha resolución de 200 puntos por polgada (200ppp).
A presentación de escritos iniciadores de execución non está dispoñible en algunhas das plataformas homologadas, polo que no caso de estar nesta situación deberei acceder directamente a Lexnet para poder levala a cabo.
A opción de presentar execución, distingue entre execución de título xudicial ou extraxudicial, de xeito que unha demanda de execución hipotecaria debera presentarse como “iniciador de execución”
Cando o sistema Lexnet non estea dispoñible a presentación poderase levar a cabo de xeito presencial achegando o xustificante de indispoñibilidade do servizo emitido polo propio sistema:
Non será valida como xustificación a presentación das capturas de pantalla do erro sucedido durante a presentación.
Os profesionais da xustiza dispoñen dunha opción de menú en Lexnet que lles permite habilitar a persoal autorizado para acceder á súa caixa de correo e utilizar a totalidade de funcionalidades dispoñibles na aplicación.
No seguinte documento poden verse os pasos concretos para levar a cabo esta autorización:
Podo presentar o resto da documentación de maneira telemática a través do formulario Documentación exceso de cabida en LexNET, dispoñible no portal web de ACCEDA-Xustiza, cando o envío vaia dirixido a algún dos seguintes órganos:
Se teño dúbidas sobre como facelo, podo consultar aquí a ficha dirixida a profesionais.
No caso de que o órgano ao que vai dirixido o envío todavía non teña habilitada a posibilidade de recibir a documentación restante de maneira telemática, terei que marcar o campo “documentación incompleta” e achegarme a Oficina de Rexistro e Repartición correspondente para presentar, en formato electrónico e correctamente asinada, a documentación restante.
Esta documentación debe ir acompañada do formulario “Modelo para a presentación directa de documentos nas Oficinas de Rexistro e Reparto ou Xulgados únicos no partido xudicial” que podo descargar aquí.
LexNET é compatible cos navegadores Microsoft Edge, Google Chrome ou Mozilla Firefox.
No caso de darme conta que un escrito que acabo de presentar de xeito telemático non é correcto, antes de levar a cabo unha segunda presentación do mesmo escrito, debo poñerme en contacto coa Oficina de Rexistro e Repartición correspondente para comunicarlle o erro cometido e que rexeiten a dita presentación antes de incorporala ao sistema de xestión procesual.
A totalidade de datos do demandante e os datos que coñeza do demandado, no caso de non dispoñer do DNI do demandado non se deberá cubrir ningún dato referente ao mesmo.
Para máis información accede a: https://www.eidolocal.gal/ficha-servicio?id=20120
Si, é obrigatorio que todos os documentos da presentación telemática veñan asinados electronicamente polo profesional que os presenta, non sendo válidos os documentos que presentan unha firma manuscrita escaneada.
Para asinar electronicamente deberei ter instalada a ferramenta AutoFirma. Podo descargala de forma gratuíta desde a web oficial. Se teño dúbidas sobre como instalar AutoFirma no meu ordenador, consultarei os manuais publicados:
Se preciso comprobar que as miñas firmas electrónicas serán correctas, podo realizar unha proba na web Valide.