DEREITO CIVIL DE GALICIA

Comisión superior para o estudo do desenvolvemento do dereito civil galego

A comisión é o órgano consultivo da Xunta de Galicia para o desenvolvemento, modificación e conservación das institucións do dereito civil galego, co obxectivo de ser o motor da súa recuperación e adaptación á realidade da sociedade galega. Para iso, realiza estudos, ditames e informes solicitados pola Administración autonómica en materia de dereito de Galicia.

As principais funcións que ten atribuídas a Comisión superior para o estudo do desenvolvemento do dereito civil galego  son:

  • A conservación, modificación e desenvolvemento das institucións do dereito civil galego.
  • Desenvolvemento de normas procesuais e procedementos administrativos que se deriven do específico dereito galego ou da organización propia dos poderes públicos galegos.
  • Emisión de ditames e informes facultativos e non vinculantes nas materias indicadas.
  • Calquera outra que lle poida ser encomendada en materia de dereito civil galego.

 

Para saber máis...