Colexios profesionais

"Os colexios profesionais deben establecer sistemas de distribución obxectiva e equitativa das distintas quendas e medios para a designación dos profesionais de oficio"

Os colexios profesionais de avogados e procuradores regulan e organizan, a través das súas xuntas de goberno, os servizos de asistencia letrada e de defensa e representación gratuítas para os que soliciten avogado de oficio en calquera xurisdición ou non designen avogado na xurisdición penal.

Deben garantir, en todo caso, a súa prestación continuada, atendendo a criterios de funcionalidade e de eficiencia na aplicación dos fondos públicos postos á súa disposición e, cando o censo de profesionais o permita, a especialización por ordes xurisdicionais.

Paralelamente, os colexios profesionais deben establecer sistemas de distribución obxectiva e equitativa das distintas quendas e medios para a designación dos profesionais de oficio. Os devanditos sistemas serán públicos para todos os colexiados e poderán ser consultados polos solicitantes de asistencia xurídica gratuíta.

Os colexios de avogados, salvo aqueles nos que pola reducida dimensión da actividade non sexa necesario, constituirán quendas de garda permanente para a prestación do servizo de asistencia letrada ao detido.

En materia de asistencia xurídica gratuíta, os colexios profesionais prestan os seguintes servizos: