Cita previa nos Servizos Comúns de Atención á Cidadanía e Asistencia á Vítima

Recoméndase pedir cita previa para acudir ás Oficinas de Atención á Vítima e á Cidadanía co obxectivo de evitar desprazamentos innecesarios ás sedes. Antes de solicitar a cita, infórmese sobre a documentación que debe presentar na súa Oficina de Atención á Vítima e a Cidadanía.

A continuación pode atopar a documentación necesaria para cada trámite nas distintas oficinas e a posibilidade de solicitar cita previa:

Por favor, antes de solicitar cita previa, consulte a información do trámite que desexa realizar, así como a documentación que debe reunir e os modelos/solicitudes que debe descargar e cubrir. Se ten algunha dúbida, envíe a súa consulta a través do correo electrónico cidadan.vitimas.coruna@xustiza.gal.

Recoméndase pedir cita previa online para os seguintes trámites:

Xestións sen cita
  • Solicitude de localización de procedementos xudiciais: o correo electrónico é o modo xeral para a localización de procedementos xudiciais que afecten á cidadanía.
    • Os/as profesionais (avogados/as, procuradores, graduados/as sociais) que desexen localizar demandas, denuncias, querelas, etc., deberán acompañar xustificante da súa presentación. En caso de querer solicitar os asuntos dos seus clientes, deberán achegar o correspondente poder.
    • Para a cidadanía esixiranse os mesmos documentos para localizar demandas e denuncias e, se o/a interesado/a quere localizar procedementos xudiciais en que figure como interveniente, deberá achegar escaneado ou fotografía do documento identificativo correspondente, así como escaneado ou fotografía dun escrito da súa propia man datado e asinado polo/a interesado/a solicitando a información correspondente.
      En caso de actuar en nome e representación doutra persoa física ou xurídica, deberá acreditar a representación legal, remitindo o correspondente documento público oficial que acredite a representación.
    • Corpos e Forzas de Seguridade, así como resto de Organismos Oficiais Públicos: deberán cursar as súas peticións a través dos seus correos corporativos, a efectos de identificar a orixe dos mesmos.
    • Compañías aseguradoras: achegar poder notarial de representación da compañía, indicar data dos feitos do sinistro, de coñecerse o atestado, indicalo. Así mesmo, a autoridade da cal dimana, o nome e apelidos do/a lesionado/a ou do/as lesionados/as.
  • Información xeral: poderá solicitarse telefonicamente (Tlf. 881 881 132).
  • Queixas, reclamacións e suxestións relativas ao funcionamento dos Xulgados/Tribunais: pode atopar a información básica na web do Consello Xeral do Poder Xudicial.

Recoméndase solicitar cita previa para os seguintes trámites:

  • Consultas e trámites xerais. Información xeral e resolución de dúbidas sobre a cumprimentación dos diferentes modelos para aqueles cidadáns/ás que o necesiten.
  • Tramitación de xustiza gratuita para partidos xudiciais de fóra de Santiago
  • Atención psicolóxica
  • Traballo social
  • Atención psicolóxica e traballo social (cita conxunta): se se precisa unha cita conxunta co/a psicólogo/a e o/a traballador/a social da oficina, SERÁ PRECISO SOLICITAR QUENDA NO MESMO DÍA PARA OS DOUS TRÁMITES.
Xestións sen cita
  • Solicitude de informe sobre procedementos abertos. Pode solicitala a través do correo electrónico cidadan.vitimas.santiago@xustiza.gal enviando a imaxe do DNI (por ambas caras).
  • Xustiza gratuíta. As solicitudes de xustiza gratuíta de procedementos do partido xudicial de Santiago débense remitir ao Colexio de Avogados de Santiago: rúa Eduardo Pondal 4, baixo. Teléfono: 981 581 713.

Se ten dúbidas sobre algún dos seguintes trámites pode solicitar información no teléfono 981 540 358.

  • Cancelación de antecedentes penais
  • Últimas vontades

Pida cita de Consultas e trámites xerais para realizar calquera dos seguintes trámites:

Xestións sen cita
  • Solicitude de informe sobre procedementos abertos. Pode solicitar e remitir a súa solicitude a través do correo cidadan.vitimas.ferrol@xustiza.gal, adxuntando unha copia do DNI do solicitante. Pode consultar o estado dos seus procedementos xudiciais a través da Sede Electrónica Xudicial do Ministerio de Xustiza.
  • Escrito de solicitude xeral. Debe empregar este formulario para adxuntar documentación, cambios de domicilio, etc. Unha vez cumprimentado, entrégueo sen cita previa na Oficina do Decanato dos Xulgados de Ferrol (Edificio dos Xulgados, Rúa Coruña nº 55, 1ª planta).
  • Xustiza gratuíta noutros municipios de fóra de Ferrol. A solicitude será presencial, sen necesidade de pedir cita previa. As solicitudes de xustiza gratuíta de procedementos de Ferrol deben remitirse ao Colexio de Avogados (Edificio dos Xulgados, rúa Coruña, nº 55, 1ª planta. Teléfono 981 3592 36).

Pida cita online para os seguintes trámites:

  • Información xeral.
  • Recollida de documentos para realizar os seguintes trámites (pode descargalos aquí para evitar desprazamentos). Para recoller outros documentos é necesario acudir con cita previa á Oficina.

    Unha vez cubertos, debe entregar os formularios na Oficina de Rexistro e Reparto (Edificio dos Xulgados de Lugo, Praza de Avilés s/n, pranta baixa, CP 27002, Lugo).

  • Solicitude de xustiza gratuíta noutros municipios de fóra de Lugo. As solicitudes de xustiza gratuíta de procedementos de Lugo deben remitirse ao Colexio de Avogados de Lugo (teléfono: 982 24 10 07).
  • Atención psicolóxica
  • Atención social
Xestións sen cita
  • Solicitude de información sobre procedementos abertos. Pode facer a súa solicitude a través do correo cidadan.vitimas.lugo@xustiza.gal adxuntando unha imaxe do DNI do solicitante por ambas caras e un escrito asinado polo solicitante.
  • Información sobre cancelación de antecedentes penais e policiais. Pode facer os seguintes trámites a través da páxina web do Ministerio de Xustiza, sempre e cando a persoa usuaria teña certificado dixital ou clave PIN. No caso contrario, pode solicitar os documentos na Oficina, previa cita.

Solicite cita previa para os seguintes trámites:

  • Solicitude de información sobre procedementos abertos
  • Información sobre cancelación de antecedentes penais e policiais
  • Información xeral
  • Atención psicolóxica
  • Atención social

Descargue aquí os documentos necesarios para encher e presentar na Oficina de Rexistro e Reparto. Así evitará ter que pedir cita e acercarse á Oficina de Atención á Vitima e Cidadanía para recollelos.



Pida cita online para os seguintes trámites:

  • Consultas xerais
  • Dereitos das vítimas
    • Psicólogo/a (Tlf. 886 218 438)
    • Traballador/a social (Tlf. 886 218 434)
Xestións sen cita

Para evitar desprazamentos innecesarios, a Oficina de Atención á Vítima e á Cidadanía de Vigo pon a disposición das persoas usuarias os seguintes formularios, que deberá entregar nos lugares indicados en cada caso:

  • Solicitude de documentos:

    Pode realizar os seguintes trámites de maneira telemática a través da páxina web do Ministerio de Xustiza, sempre e cando conte con certificado dixital ou clave PIN. Do contrario, debe solicitar cita previa no Rexistro de Facenda (Direción: C/ Lalín, 2. Vigo. Teléfono: 912 901 340) ou en calquera outro rexistro dos contemplados na Lei de Procedemento Administrativo Común e entregar presencialmente o formulario debidamente cuberto acompañado dunha fotocopia do DNI.

    Os formularios que aparecen a continuación deben entregarse debidamente cubertos, sen cita previa, na Oficina de Rexistro e Reparto dos Xulgados de Vigo (Edificio novo dos xulgados, rúa Lalín nº 4, planta baixa), en horario de 9 a 15 horas. Hai que levar o formulario orixinal, unha copia para a persoa interesada e tantas copias do formulario cumprimentado coma partes contrarias haxa no procedemento.

  • Solicitude de informe sobre procedementos abertos. Pode solicitar os procedementos escribindo a cidadan.vitimas.vigo@xustiza.gal e adxuntando unha copia do DNI. Se ten algunha dúbida pode chamar aos teléfonos 986 817 851 ou 886 218 493.
  • Xustiza gratuíta. É necesario contactar co Colexio de Avogados de Vigo no teléfono 986 234 652. Pode obter máis información na seguinte ligazón.