"Facilitar información sobre a identificación, situación e competencia de calquera órgano ou servizo así como responder ás demandas concretas de información sobre competencia dos órganos, procedementos, trámites, requisitos e documentación"
Os servizos comúns de Atención á Vítima e Asistencia á Cidadanía son atendidos por persoal ao servizo da Administración de xustiza e teñen a función principal de atención personalizada á cidadanía, tanto persoal coma telefónica. Ademais, esta atención debe ser adaptada ás características sociais, culturais e psicolóxicas de cada un dos cidadáns que acudan aos xulgados solicitando atención ou información.
Cómpre distinguir as principais competencias de cada oficina (a de Atención aos/ás Cidadáns/ás e as de Asistencia ás Vítimas), partindo de que as dúas dependen do xuíz decano e do secretario xudicial do decanato.
Oficinas de Atención á Cidadanía
Respecto ás Oficinas de Atención Cidadá, correspóndelles estas competencias:
Facilitar información xeral sobre a identificación, situación e competencia de calquera órgano ou servizo da Administración de xustiza -especialmente, os situados na mesma sede-, así como responder ás demandas concretas de información sobre competencia dos órganos, procedementos, trámites, requisitos e documentación para as actuacións que o cidadán se propoña realizar.
Proporcionar asistencia respecto dos trámites e documentos precisos para reclamar as indemnizacións económicas que lle poidan corresponder ao/á cidadán/á pola intervención en procesos xudiciais como testemuñas ou peritos.
Subministrar información aos/ás cidadáns/ás sobre a existencia dos servizos de orientación xurídica dependentes dos colexios de avogados no suposto de consultas referidas ao seu ámbito de actuación. En ningún caso a atención e información facilitada entrañará unha interpretación normativa, consideración ou asesoramento xurídicos nin valoración económica ningunha sobre os distintos tipos de procedemento.
Facilitar orientación ás vítimas de delitos en relación cos servizos sociais e recursos públicos dispoñibles para a súa atención.
Facilitar os documentos e formularios aprobados polo Consello Xeral do Poder Xudicial, así como aqueles confeccionados pola Xunta de Galicia en materia de xustiza.
Oficinas de Asistencia á Vítima
As Oficinas de Atención ás Vítimas (OAV) son equipos multidisciplinares formados por un psicólogo e un traballador social para prestar atención e asistencia ás vítimas dos delitos.
Teñen como obxectivo xeral prestar unha asistencia integral, coordinada e especializada ás vítimas e dar resposta ás necesidades específicas no ámbito xurídico, psicolóxico e social.
Configúranse como un servizo público e gratuíto para protexer adecuadamente a intimidade e dignidade da vítima e evitar o risco da súa revitimización ou vitimización secundaria.
Os destinatarios dos seus servizos son:
As mulleres vítimas de violencia de xénero e os fillos e fillas menores, así como quen estea suxeito/a a tutela, garda ou custodia das mulleres vítima de violencia de xénero.
As persoas menores de idade vítimas do delito, especialmente se este é de abuso, explotación ou pornografía infantil.
As vítimas de agresións sexuais.
As vítimas de trata de seres humanos.
Calquera outra vítima na que concorran factores de especial vulnerabilidade, xa sexa pola súa situación persoal, xa sexa pola violencia ou gravidade do delito: entre outros, menores vítimas de abuso ou maltrato e persoas con discapacidade intelectual ou enfermidade mental.
As demais vítimas, nos termos contidos no artigo 2 do Estatuto da vítima do delito.
NA FASE DE ACOLLIDA - INFORMACIÓN:
Acollida á vítima, identificándose e atendéndoa de forma personalizada e confidencial, ofrecéndolle un trato respectuoso, profesional, individualizado e non discriminatorio.
Apertura e rexistro do expediente da vítima.
Información da posibilidade de ser derivada ós servizos psicolóxicos e sociais explicando a finalidade de cada un deles.
NA FASE DE INFORMACIÓN:
O persoal dos corpos xerais ó servizo da Administración de xustiza facilitaralles ás vítimas a información que proceda en cada caso.
NA FASE DE INTERVENCIÓN:
Recollida de información sobre os efectos das medidas adoptadas, para a súa incorporación ao expediente.
Coordinación co resto de servizos psicosociais, policiais ou outros, principalmente para o seguimento das vítimas vulnerables de alto risco e para o apoio na obtención da protección que lles poida corresponder.
NA FASE DE SEGUIMENTO:
Seguimento da execución das medidas de protección propostas e adoptadas.
NA FASE DE ACOLLIDA - INFORMACIÓN:
Obtención de datos, nos termos indicados no ANEXO III, cando a vítima sexa derivada directamente a eles/as ou para evitar a vitimización secundaria.
Recollida de información e avaliación inicial da vítima respecto ás súas necesidades de asistencia social.
NA FASE DE INFORMACIÓN:
Sobre as medidas de asistencia e apoio dispoñibles e procedentes para o caso concreto (médicas, materiais, etc.), así como acerca do procedemento para a súa aplicación.
Sobre as posibilidades de obter un aloxamento alternativo, cando resulte oportuno.
Sobre as indemnizacións ou axudas económicas ás que poida ter dereito, e se for o caso, sobre o procedemento para reclamalas.
Sobre os servizos sociais e asistenciais especializados e dispoñibles que poidan prestar asistencia.
NA FASE DE INTERVENCIÓN:
Asistencia na xestión de solicitudes e coordinación con outros servizos sociais.
Elaboración dos informes de avaliación individualizada que lles solicite a autoridade xudicial ou fiscal competente para adoptar as medidas de protección, á cal lle serán remitidos con carácter reservado, sen que teñan a consideración de pericia.
NA FASE DE SEGUIMENTO:
Da suficiencia dos servizos e recursos asignados.
NA FASE DE ACOLLIDA - INFORMACIÓN:
Obtención de datos, nos termos indicados no ANEXO III, cando a vítima sexa derivada directamente a eles/as ou para evitar a vitimización secundaria.
Recollida de información, avaliación inicial da vítima e valoración das medidas iniciais de apoio psicolóxico.
NA FASE DE INFORMACIÓN:
Sobre as medidas psicolóxicas de asistencia e apoio dispoñibles e do procedemento para a súa aplicación.
Sobre os servizos especializados dispoñibles que poidan prestar asistencia.
NA FASE DE INTERVENCIÓN:
Avaliación da vulnerabilidade das vítimas.
Asistencia psicolóxica ás vítimas no ámbito do proceso xudicial penal.
Proposta das medidas de asistencia e de protección das vítimas durante a fase de investigación e ao longo de todo o proceso.
Elaboración dos informes de avaliación individualizada.
Acompañamento a xuízo ou a outras instancias xudiciais, ou proposta de acompañamento pola persoa designada pola propia vítima, cando se considere conveniente ou sexa requirido polos/as xuíces/zas e fiscais por se tratar de menores, de persoas con discapacidade intelectual ou doutras vítimas especialmente vulnerables.
Derivación ós servizos especializados dispoñibles segundo as necesidades da persoa (Saúde, Igualdade, servizos sociais, etc.).
NA FASE DE SEGUIMENTO:
Da evolución da vítima respecto da súa situación de vulnerabilidade.
Da propia vítima, ó longo de todo o proceso xudicial penal, ou mesmo por un período de tempo adecuado despois da súa conclusión cando o profesional o considere necesario debido ás circunstancias do caso.